Denuncian que cazadores consumiron alcol e deixaron armas desatendidas nunha batida en Carballeda de Avia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera denunciou o incumprimento da Lei de Caza de Galicia por parte de afeccionados a esta actividade.

Imaxe dun cazador. LIBERA E FFW - Arquivo
Imaxe dun cazador. LIBERA E FFW - Arquivo

O último caso foi o denunciado por unha serie de sendeiristas na zona de Carballeda de Avia, en Ourense, onde comprobaron como os participantes nunha batida deixaron escopetas desatendidas apoiadas nun vehículo e o capó do mesmo cuberto de latas de cervexa baleiras.

Libera pediu que os axentes ambientais sexan provistos de maquinaria e documentación necesaria para poder realizar controis de alcol e outras substancias aos practicantes destas actividades, e advertiu que este tipo de casos "non son puntuais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta