A app 'Abertos ao galego' quere impulsar a nosa lingua como "marca de distinción"

A aplicación conta con 600 establecementos rexistrados que utilizan o galego e destacan o seu compromiso como "certificación de calidade". Critican da Xunta que "nunca fai nada respecto disto"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A aplicación para móbiles 'Abertos ao galego', impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, quere "dar un salto adiante" no sector empresarial para conseguir que o idioma se sitúe como "unha marca de distinción" para as empresas galegas e que sexa "valorado" pola cidadanía comprometida.

Así presentaron este mércores o presidente da Mesa, Marcos Maceira, e a directora do proxecto, Celia Armas, esta iniciativa que xa leva ano e medio en funcionamento, pero que agora quere situar o uso do galego no mercado como unha "certificación de calidade" que "dea valor" aos produtos de cada empresa galega.

Esta aplicación móbil, para dispositivos 'iOS' e 'android', ofrece a posibilidade de xeolocalizar o establecementos comerciais de toda Galicia que están comprometidos co idioma propio do territorio e que o utilizan na súa actividade, ben sexa na atención persoal, na sinalética do local ou de forma integral. Así, o cliente "pode valorar a empresa desde o punto de vista de emprego da lingua" e pode decidir consumir os produtos desa sociedade "sendo consciente" de que está a contribuír á "difusión e uso da lingua", explicou Armas.

Ao mesmo tempo, incidiu na idea de que nun momento no que a cidadanía "está concienciada co consumo dos produtos de tempada ou coa proximidade dos mesmos", para fomentar a sustentabilidade, tamén poden aplicalo a "emprego do galego", xa que ao seu xuízo non existe algo "máis próximo que o uso do galego no territorio".

FUNCIONAMENTO

Para A Mesa, trátase de converter o galego na "empresa común a todos" e, polo momento, a esta iniciativa acolléronse máis de 600 empresas que xa están xeolocalizadas. O sistema funciona da seguinte maneira: un cliente pode buscar o tipo de establecemento que queira na app e en función de onde se atope apareceranlle sinalados aqueles que están comprometidos co uso do galego.

Ademais tamén poderá valorar o grao de satisfacción co comercio e comentar aqueles aspectos que queira destacar. Por outra banda, as empresas poden inscribirse para aparecer geolocalizados, así como outros usuarios teñen a opción de propor establecementos para incluílos na lista.

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a súa app 'Abertos ao galego' con máis de 600 establecementos rexistrados
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a súa app 'Abertos ao galego' con máis de 600 establecementos rexistrados | Fonte: Europa Press


"A XUNTA NON FAI NADA RESPECTO DISO"

Na presentación, A Mesa expuxo o exercicio de "responsabilidade social" que realizan ao levar a cabo estes proxectos que se sustentan "co apoio dos socios" e unha achega da Deputación de Pontevedra.

Con todo, Marceira e Armas criticaron que o traballo que fai a organización "debería recaer na administración", con todo "a Xunta de Galicia nunca fai nada respecto diso" do idioma. "O Goberno de Feijóo abdica das súas responsabilidades, cando non actúa totalmente en contra", concluíron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Silverio Cerradelo

Parabéns para a Mesa. Chámame a atención os comentarios tan destrutivos e os argumentos tan perversos e falsos de "nostrus".

2 nostrus

Galicia SI, gallego TAMBIEN. Fomentar que la gente sea de un determinado club de futbol o que tenga una determinada religion NO, dejar que cada ciudadano decida cual es su religion y su equipo y como mucho que sean los seguidores de ese club o de esa religion los que traten de convencer al resto, pero nunca con dinero de todos. La Mesa es una organizacion similar a una organizacion de vegetarianos que pretenden que todos seamos vegetarianos porque lo son ellos. Repito, gallego SI, pero a la Mesa ni caso.

1 vostrus

Ti si que estás vexetariano, nostrus!!

1 nostrus

Todo o que veña de parte da Mesa pola Imposicion Lingüistica debemos recibilo con recelo porque todo canto veña da sua parte ven con mala fe, xa que dita Mesa é unha organizacion fundamentalista de parte do galego, que non lle preocupa o benestar das personas, sinon a situacion do galego. Imaxinemos unha organizacion da sua calaña que estea absesionada coa relixion e basea a sua existencia na situacion da relixion, inda que tal obsesion perxudique a xente. Galego si, pero en liberdade.