Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 21:08
O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, defendeu este xoves a conveniencia de que España se dote dunha constitución federal, rebatendo así ás voces que insisten en que o Estado xa conta con este modelo na actual Carta Magna.
"Por unhas e outras razóns á España do século XXI non parece satisfacerlle o modelo territorial de 1978", sinalou, durante a súa intervención na conferencia 'Silencios constitucionais e ordenación territorial', impartida na Coruña.
O catedrático e exministro socialista analizou este xoves na Real Academia Galega de Xurisprudencia e lexislación a Constitución española e o seu futuro.
Alí, sinalou que en toda constitución hai ausencias deliberadas e acordos tácitos que impresos non sobrevivirían, pero apuntou á aparente insatisfacción desde diversos sectores da sociedade sobre o modelo territorial vixente desde o 78.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.