Marea Atlántica pide á Xunta "feitos" sobre o hospital e o BNG critica a súa "falta de compromiso" coa sanidade

Por E.P. | A CORUÑA | 29/01/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica reclamou á Xunta "feitos e non propaganda" en relación ao proxecto do novo hospital universitario da Coruña. Mentres, o grupo municipal do BNG no Concello herculino reprochoulle "falta de compromiso" coa sanidade pública.

Nun comunicado, Marea Atlántica esixe "transparencia nas máis que probables expropiacións en Eirís, para evitar que se repitan desastres como no caso do Ofimático ou San Vicente de Elviña".

"A poucos meses das eleccións, como un mal estudante, a Feijóo éntranlle as présas", argumenta Marea Atlántica, quen pide que "a propaganda" non quede "en titulares" e se traduza "en feitos, con compromisos firmes". Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, congratúlase polo feito de que "se renuncie a construír o hospital nos terreos de Pedralonga".

No entanto, asegura que espera que o anuncio non sexa só avanzar un investimento "a longo prazo para ocultar a falta de compromiso co día a día da sanidade pública".

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta