Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 30/01/2020 | Actualizada ás 13:29
Vox acusou este xoves ao Concello de Pontevedra de "extralimitarse nas súas funcións" pola programación de actividades relacionadas coa memoria histórica nos institutos da cidade e aludiu ao 'pin parental' que defende a formación para "evitar o adoutrinamento dos alumnos".
Nun comunicado, Vox Pontevedra lembrou que, a pasada semana, o concello presentou unha relación de actividades para levar a cabo ao longo do primeiro semestre en institutos da cidade, entra as que se atopan iniciativas de memoria histórica.
"Do mesmo xeito que o ano pasado, mediante talleres de rap, proxeccións audiovisuais, obras de teatro e conferencias, o Concello de Pontevedra pretende 'espertar' o interese pola memoria da cidade nos máis novos, así como que o alumnado reflexione sobre o acontecido en xullo de 1936", sostén Vox.
Ante isto, a formación denuncia que estas actividades "non son competencia municipal" e que, por tanto, o seu financiamento "implica unha malversación de fondos públicos". "A docencia da historia no 36 nos institutos non corresponde ao Concello de Pontevedra e Vox lamenta que ditas actividades se realicen co consentimento da Consellería de Educación da Xunta de Galicia", engade o comunicado.
Fronte a isto, sacaron a colación a proposta que realiza Vox sobre o 'pin parental', algo que "evitaría o adoutrinamento dos alumnos de Pontevedra sobre a memoria histórica", aseguran.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.