Centos de persoas maniféstanse nas Pontes contra o novo convenio colectivo de Endesa asinado por UGT

Tamén protestan contra o laudo arbitral ditado polo exministro de Traballo Manuel Pimentel.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 30/01/2020 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

Centos de persoas manifestáronse na tarde deste xoves pola localidade das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), para mostrar a súa oposición ao convenio colectivo de Endesa e ao laudo arbitral ditado polo exministro de Traballo Manuel Pimentel (PP). Boa parte dos manifestantes eran traballadores pasivos, que están prexubilados, ademais de xubilados.

Manifestantes de Endesa polas rúas das Pontes.
Manifestantes de Endesa polas rúas das Pontes. | Fonte: Europa Press

Todos eles criticaron o labor do sindicato UGT, ao que acusan de chegar a un acordo coa empresa sen contar cos operarios, xa que estiman que "este convenio é lesivo para todos os colectivos, tanto para os activos como pasivos".

Así mesmo, realizaron un chamamento a "continuar coas mobilizacións para demostrar que este acordo está realizado en contra dos traballadores, sen descartar a vía xudicial".

Ante centos de persoas, responsables sindicais tamén comunicaron que o próximo 19 de febreiro están convocadas eleccións e, por iso, chamaron aos traballadores en activo a situarse, xa que os convocantes desta protesta estiman que "este acordo entre UGT e Endesa é malo para todos, nefasto".

Estiman tanto os traballadores activos como pasivos que con este convenio se eliminan os seus "beneficios sociais", algo que leva "a perda de miles de euros co acordo sobre a tarifa de empregado, coa perda de quilowatios, termo de potencia, ou segunda vivenda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta