Inés Arrimadas pide unha candidatura conxunta de constitucionalistas en Galicia, Cataluña e País Vasco

Considera que é a mellor opción para que non se perda "nin un só voto".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/02/2020 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

A portavoz de Ciudadanos no Congreso e candidata a liderar o partido, Inés Arrimadas, propuxo este domingo que as formacións constitucionalistas presenten unha candidatura única en Cataluña, País Vasco e Galicia para que non se perda "nin un só voto".

A portavoz de Cs no Congreso e candidata á presidencia do partido, Inés Arrimada, en declaracións durante un encontro con afiliados da formación en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona)
A portavoz de Cs no Congreso e candidata á presidencia do partido, Inés Arrimada, en declaracións durante un encontro con afiliados da formación en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) | Fonte: Europa Press

En declaracións durante un encontro de Arrimadas con afiliados da formación laranxa en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona), dixo que teñen que ser "candidaturas transversais, coa sociedade civil" e que sirvan para "sumar esforzos por España", nas súas palabras.

"En circunstancias excepcionais, en lugares excepcionais, en momentos excepcionais, Ciudadanos é o único partido que sabe pensar nos cidadáns por enriba dos partidos e por iso propomos abrir un debate para ver como se poden sacar máis escanos cos votos constitucionalistas", manifestou.

Pero remarcou que a formación non debe deixar de defender a súa identidade: "Ciudadanos vai seguir sendo o único partido de España de centro, liberal e de progreso. Non vai haber outro. E temos que seguir mantendo o noso espazo".

Asegurou que o do seu partido é o mellor proxecto político para España e que é imprescindible para o país, e dixo que o ADN dos laranxas é "pensar máis nas persoas que nos territorios, pensar máis no futuro que nos erros do pasado".

"VOU COMETER ERROS"

Arrimadas admitiu que se é elixida presidenta de Ciudadanos, vai equivocarse: "Pídovos por adiantado perdón polos erros", pero asegurou que en cada decisión que tome vai pensar nos intereses xerais do país.

Indicou que non quere ser a presidenta dun "partido de baronías", senón que quere facer que Ciudadanos sexa máis participativo, e por iso presentou unha serie de propostas con este fin.

Se outra candidatura gaña a pugna pola presidencia, dixo que o respectará, pero que non encabezará outro modelo que non sexa o seu porque "non se pode separar a cabeza do corazón" e non quere ser presidenta de calquera xeito, nas súas palabras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Violeta 4

Ojalá tuviéramos aquí una Inés Arrimadas. Da mil vueltas en inteligencia, valor, ideas, oratoria e imagen a todos los políticos gallegos. Además de que sabe lo que es trabajar exitosamente en el sector privado. A diferencia de lo que ocurre aquí donde todo son funcionarios y profesionales de la política.

1 VoxPaSogama

Xa sodes fume. Pantasmas do Ibex 35.