Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 20/09/2012 | Actualizada ás 11:34
Aínda parece o outro día que nos faciamos eco da publicación en Verkami do proxecto polo que Galician Bizarre buscaba financiamento para a edición de 525 vinilos co segundo volume dun recompilatorio co máis granado das bandas emerxentes galegas, o "Galician Bizarre II".
Pois ben, apenas cinco meses despois, e tras superar o obxectivo de financiaciación folgadamente, xa podes escoitar (e descargar) integramente o disco que inclúe dieciseis temas inéditos doutros tantos grupos que, dun xeito totalmente premeditado, non aparecían no primeiro volume.
Sen máis dilación, deixámosvos co disco para a vosa degustación!
Galician Bizarre 1:
Galician Bizarre 2:
Noticia publicada orixinalmente en Desconcierto.com
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.