Marea Atlántica inicia negociacións con outros partidos para activar a "mareancia"

Será Xulio Ferreiro o encargado de liderar esas conversas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/02/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A nova Coordinadora de Marea Atlántica acordou abrir unha rolda de contactos con mareas e organizacións políticas do mesmo espazo político, segundo informa tras o primeiro encontro do citado órgano de dirección.

Nestas conversacións, Marea Atlántica estará representada polo exalcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, responsable da área de Confluencia e Cohesión do citado espazo. A Coordinadora de Marea Atlántica celebrou este martes a súa primeira reunión tras ser ratificada pola Rede da organización a pasada semana.

Esta reunión de traballou fixou, segundo explican, dous obxectivos. O primeiro, o inicio da rolda de contactos con organizacións e mareas do mesmo espazo político de Marea Atlántica, tanto a nivel local como autonómico.

O segundo, a organización interna tanto da Coordinadora como das áreas de traballo correspondentes a cada unha das persoas que a integran. "De cara a reactivar e mobilizar á 'mareancia' para esta nova etapa", explican no seu comunicado.

Xulio Ferreiro, líder da Marea Atlántica
Xulio Ferreiro, líder da Marea Atlántica | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se vai falar con Eva Solla que lle dea recordos da miña parte ! https://cabozo.com/taboext.php?grup...