Algo máis de 4 de cada 100 metros da costa galega son vulnerables á forza do mar, expostos a fondos procesos de erosión como consecuencia dos temporais mariños, cada vez máis agresivos. Así o determina un estudo realizado polos investigadores da USC Alejandro Gómez-Pazo e Augusto Pérez Alberti.
  comenta   0
"Hai moita diferenza disto a traballar nunha fábrica e ser esclavo, no meu caso tendo que desprazarme ademais, sumándolle ás oito horas de traballo unha hora máis entre ir e volver, facendo fins de semana e sen tempo para vivir porque sempre estás cansado", conta este mozo vilagarcián ao Galicia Confidencial. "Este traballo agora proporcióname unha calidade de vida moi boa", celebra.
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con María Porto, presidenta da agrupación de Mariscadoras de Carril, que conta como está a situación na actualidade, nun 2025 no que de 11 días que tiñan fixados no almanaque para saír mariscar, só puideron facelo cinco polo de agora, debido á baixa salinidade da auga.
  comenta   0
As provincias galegas de Lugo e A Coruña estarán en alerta por ondas de até 7 metros, mentres que Cantabria e outras zonas do norte experimentarán fortes ventos e mareas.
  comenta   0
Hoxe lembramos o tempo no que o río Sar non só anegaba o casco urbano de Padrón, senón tamén as terras da veiga do seu termo municipal e do de Rois, como aconteceu nas inundacións catastróficas dos anos 1977, 1978, 1987 e 1989. A máis grande que se recorda foi, sen dúbidas, a de 1987, cando as barcas podían cruzar navegando polas rúas do casco histórico da vila.
  comenta   0
O fenómeno dos "fodechinchos" ilustra un problema máis amplo de turismo descontrolado, que, ao aumentar a presión sobre as comunidades locais, xera tanto beneficios económicos como retos significativos para os residentes.
  comenta   0
Aínda que semella que esta zona xa está completamente masificada polo turismo, aínda quedan algúns recunchos que só coñecen os locais onde desfrutar da tranquilidade e a beleza natural desta contorna.
  comenta   1
Sara Rey, coordinadora da asociación A Mariña sen Plástico, asegura que eles se percataron destas boliñas o sábado pola mañá, pero que xa lles está escribindo xente que as detectara antes. As causas descoñécense.
  comenta   0
Mariscadoras da zona reforzan a vixilancia dos seus bancos marisqueiros para salvagardar o produto.
  comenta   0
Unha das novidades rexistradas na recente campaña á Cámara lexislativa galega foi o acordo presentado por Ana Pontón e Martiño Noriega -en representación do BNG e de Anova- en virtude do cal, a organización que encabeza o que foi alcalde de Santiago solicitaba publicamente o apoio ás candidaturas do Bloque para os comicios celebrados o pasado 18-F.
  comenta   0
Virginia Barros, presidenta da Asociación Mar de Fábula, reflexiona con Galicia Confidencial sobre a gran problemática dos residuos. Os temporais que estes días azotan a costa galega deixan ao descuberto o lixo que hai nos mares e, mesmo aqueles residuos plásticos que a xente bota no contedor amarelo, "a realidade é que case ningún se pode reciclar", porque "están feitos de distintos tipos de plástico que habería que separar".
  comenta   0
Coñecidos os resultados das eleccións do 18-F, non tivemos que asistir á confusa e interesada polémica que suscitou Feijoo e a dereita mediática despois do 23 de Xullo do ano pasado a respecto de quen gañara aqueles comicios. Neste caso, non houbo marxe para as falacias argumentais: a forza mais votada o domingo no que rematou a semana do Entroido -o PP- posúe a maioría parlamentaria suficiente para ocupar o goberno da Xunta en solitario.
  comenta   0
A asociación Noia Limpa, a primeira en dar a voz de alarma sobre a vertedura do 'Toconao', pide que non se baixe a garda no asunto: "Falamos cunha asociación de Sri Lanka para aprender da súa catástrofe e dinnos que non se pode medir a alerta polos pélets que hai por metro cadrado, senón polos que se levan recollido do total da vertedura".
  comenta   0
Un artigo de Anxo Mena, Licenciado en Ciencias do Mar e Doutor pola Universidade de Vigo, ademais de Investigador especializado en Xeoloxía Mariña e Paleoceanografía.
  comenta   0