Temas: RAG

O dicionario da RAG pechou 2019 cunha media de máis de 70.000 buscas diarias

Coñecer o significado das palabras e resolver dúbidas ortográficas, entre o máis buscado.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O dicionario da Real Academia Galega superou en 2019 os 25,8 millóns de procuras, unha cifra que representa unha media de máis de 70.000 diarias, segundo informa esta institución.

Con respecto a 2018, significa un incremento do 18,3% e sitúase por encima do 26% "se se compara cos resultados de 2017". Ese ano o dicionario conseguiu por primeira vez máis de 20 millóns de consultas, "unha marca mellorada substancialmente 24 meses despois sen ter en conta as procuras realizadas a través das aplicacións para dispositivos móbiles".

"Como en ocasións anteriores, entre as palabras máis buscadas aparecen diversos termos que constatan un uso do dicionario non só para coñecer o significado das palabras senón tamén para resolver dúbidas ortográficas", engade.

Por outra banda, tamén creceu no número de entradas, que se se achega ás 60.000. En concreto, o Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega incorporou o ano pasado un total de 201 novos lemas e introduciu cambios en máis de 800.

O acceso ao mesmo é posible na páxina web da institución e a través do Portal das Palabras, o proxecto de divulgación do léxico galego posto en marcha en colaboración coa Fundación Barrié, que apoia ademais a actualización tecnolóxica do dicionario e das súas aplicacións para iOs e Android.

Procuras no dicionario da Real Academia Galega. RAG
Procuras no dicionario da Real Academia Galega. RAG | Fonte: Europa Press

Temas: RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta