O TSXG ratifica que o alcalde de Ourense retira o recurso contra a aprobación do PXOM que presentou na oposición contra o PP

Ciudadanos pide ao alcalde que explique "cal é o acordo ou negocio" que lle fixo "cambiar de criterio".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 06/02/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou cun decreto que o alcalde de Ourense, Gonzálo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), retirou o recurso contencioso que presentou o ano pasado, cando estaba na oposición, contra a aprobación inicial do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) por parte do PP.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

O recurso presentado, que ademais de Jácome asinaban Armando Ojea e Manuel Álvarez, esgrimía que a aprobación inicial da PXOM que se fixo con Jesús Vázquez (PP) á fronte da Alcaldía non era legal e apuntaba a un "pelotazo urbanístico".

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Municipal de Ciudadanos en Ourense, José Araújo, manifestou que o actual alcalde de Ourense "debería explicar a todos os veciños" cal é "o acordo ou negocio" que fixo para "cambiar o criterio" e "retirar o recurso contra a PXOM" que presentou sendo oposición "o pasado maio".

"Debe dar explicacións, porque levan meses con reunións secretas e manobras das cales non se sabe nada e agora, o que Jácome cualificou no seu día como pelotazo urbanístico, pasa a ser un bo plan para a cidade", sinalou.

"É un engano máis do alcalde, algo ao que xa nos ten adoitados desde que entrou no goberno local e esqueceu todas as súas promesas electorais, entre elas o pacto co PP, a quen tanto atacou estando na oposición", agregou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta