Gonzalo Jácome, de odiar a Baltar e Feijóo a apoiar estusiasmadamente ao PP

"Feijóo é a persoa que mellor vai defender os intereses de Galicia", di tras a posibilidade de integrar a varios dirixetes de Democracia Orensana nas listas do PP. Baltar di que podería facer as listas da súa provincia "en media hora".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2020 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Orensana, anunciou que votará ao PP nas eleccións autonómicas do próximo 5 de abril. O rexedor fixo público que "apoiará a Alberto Núñez Feijóo" porque cre que é a persoa "que mellor vai defender os intereses de Galicia e iso beneficiará a Ourense".

Así o manifestou ao termo dunha rolda de prensa co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, para dar conta de asuntos culturais relativos á cidade de Ourense. Jácome goberna en coalición co PP no Concello de Ourense, mentres que o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, preside a Deputación provincial cos apoios dos dous deputados de DO.

Neste sentido, Jácome falou de "goberno amigo" para manifestar a "excelente sintonía" que DO mantén co seu socio de goberno e "tamén coa Xunta de Galicia". De feito, os populares ourensáns ofreceron xa postos de saída a dirixentes de DO nas listas populares por Ourense.

"A TITULO PERSOAL"

Por este motivo, Jácome declarou que "para a Alcaldía de Ourense o mellor sería que as cousas seguisen como están", polo que lle gustaría que "gañe o PP". Así, tamén sinalou que as súas declaracións son "a título persoal" e que DO como partido "nunca lle dirá aos cidadáns a quen deben votar nin pedirán o seu voto para ningún partido en concreto".

O rexedor ourensán tamén manifestou que "non teñen ningún desexo especial de ir na lista do PP", pero que será algo que "se falará". Ademais, destacou que "diría que non" se lle ofreceron ir na cabeza da lista ou mesmo ser conselleiro porque entende que "ser alcalde é moitísimo máis importante que conselleiro ou deputado en Santiago".

Tampouco valora presentarse como partido independente ás autonómicas porque considera que non terían "opción de conseguir os máis de 10.000 votos que fan falta para obter un deputado". "Non vexo posible ese apoio da xente ata que non transformemos a cidade de Ourense", concluíu.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar | Fonte: Europa Press

JOSÉ MANUEL BALTAR

Pola súa banda, o líder do PP de Ourense e presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar, valorou como "unha noticia tremendamente positiva" o adianto electoral para o próximo día 5 de abril das eleccións autonómicas porque entende que "Galicia debe ter un calendario propio". 

Ademais, Manuel Baltar volveu a deixar este martes a porta aberta á posibilidade de incluír nas listas do PP a membros de Democracia Ourensana. "As listas do PP son sempre un resumo perfecto de confluencia coa veciñanza de Ourense", sinalou antes de engadir que "poderían ser capaces de presentalas dentro de media hora" para indicar a "facilidade" coa que poden elaborar as súas listas, "a diferenza doutras forzas políticas" .

Deste xeito, Manuel Baltar confiou en que "as candidaturas serán as mellores posibles" e que, abundou, "volverán obter a confianza" dos veciños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ourense é do feudo

poden velo todo nas miñas crónicas de horrourense no canle face-book oscuro tenebrios agradencense sempre unas subscribidas uns likes dedo cara enriba e tamen comentadas e retwiteadas....VEXAN!!!! VEXAN!!! AS CRONICAS DE HORROURENSE!!!!