Cando o fútbol é paixón nunha lameira e non negocio multimillonario: o épico derbi de Ribeira

O SH Palmeira e o SD Xuventu Aguiño empataron 1-1 nun partido que se fixo viral nas redes sociais polas condicións nas que se xogou.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/02/2020 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Existen dous tipos de fútbol: un, o multimillonario e mediático fútbol profesional en inmensos e luxosos estadios nos que homes ricos disputan balóns en céspedes que son auténticas alfombras, baixo os focos de televisións de todo o mundo, luces publicitarias e a ollada de miles de seareiros; outro, o fútbol de base, o modesto, o que se xoga en pequenos campos de barrios e parroquias, sen apenas luz, en terreos impracticables, sen atención mediática nin multitudes, e que é xogado por estudantes, fontaneiros, taxistas, panadeiros, mestres...

Derbi ribeirense da Terceira División Galega que rematou en empate 1-1 entre SH Palmeira e SD Xuventu Aguiño
Derbi ribeirense da Terceira División Galega que rematou en empate 1-1 entre SH Palmeira e SD Xuventu Aguiño | Fonte: O fútbol da terra - Youtube.

En Ventín, un lugar da parroquia de Palmeira, en Ribeira, disputouse un modesto derbi da Terceira División Galega que rematou en empate 1-1... e algo máis. O duelo entre o SH Palmeira e o SD Xuventu Aguiño foi unha épica batalla no lodo que se converteu nun fenómemo de masas... nas redes sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta