O sindicato CSIF urxe rematar coa "materia pendente" da fenda salarial de xénero

Segundo os datos do INE, "unha muller cobra só o 78% do que obtén un home" anualmente. Esixiron tamén que se incorpore a perspectiva de xénero na negociación dos convenios colectivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) urxiu un cambio no escenario laboral para acabar coa "materia pendente" da fenda salarial entre homes e mulleres que, segundo denuncia, tamén afecta as administracións públicas. Así o reivindica a organización sindical nun comunicado remitido aos medios este luns con motivo do Día da Igualdade Salarial, que se celebra o próximo 22 de febreiro.

No texto, o sindicato avisa de que a fenda salarial "é hoxe unha realidade latente e estendida" en España e lembrou que, segundo os datos do INE, "unha muller cobra só o 78% do que obtén un home" anualmente. Ademais, denuncia de que as administracións, que deberían ser punta de lanza en materia de igualdade, tampouco escapan desta realidade.

Por iso, reclamou que se garanta o cumprimento das distintas normativas de forma que as empresas e administracións públicas cumpran a obrigatoriedade de negociar e implementar plans de igualdade, incluíndo a auditoría salarial entre mulleres e homes. Esixiu que se incorpore a perspectiva de xénero na negociación dos convenios colectivos, a retribución segundo "traballo de igual valor", unha mellora na representación da muller nos postos de responsabilidade e maior formación en xénero en entre o persoal da empresa.

Ademais, reclamaron que se fomente unha conciliación compartida que "non penalice" ás mulleres xa que, engadiron, seguen sendo as mulleres as que asumen "principalmente" as responsabilidades familiares que "inciden a curto prazo na diferenza salarial e a longo prazo, na súa xubilación".

Imaxe representativa da fenda salarial entre homes e mulleres
Imaxe representativa da fenda salarial entre homes e mulleres

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta