Vox compara a Feijóo co nacionalismo de Puyol e acúsao de querer borrar "as siglas" do PP en Galicia

Sobre as súas posibilidades electorais sinala que "ten unha visión diferente" do que din as enquisas en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/02/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O portavoz de Vox no Congreso dos Deputados, Iván Espinosa de los Monteros, acusou este martes ao presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de "aglutinar o voto nacionalista" na comunidade e de borrar "as siglas" do PP na campaña electoral. "Case nin se ven", asegurou.

Nunha entrevista en 'Las Mañanas de RNE', recollida por Europa Press, Espinosa de los Monteros asegurou que "o consenso" no pasado entre PP e PSOE "levou ao desenvolvemento do nacionalismo e separatismo en moitos lugares de España". "Onde están hoxe en Galicia estaban en Cataluña hai 15 anos", explicou.

Neste sentido, o deputado de Vox reiterou que en Galicia "está instalado o nacionalismo no poder" pero "con outras siglas". "Núñez Feijóo é nacionalista, non cabe dúbida. El non o nega", insistiu.

"Un presidente que di que (Galicia) é unha nación sen estado, unha comunidade na que non te podes dirixir á administración en ningún outro idioma que non sexa o galego ou unha comunidade na que nas autovías non existen nomes en español... É unha comunidade nacionalista", engadiu.

Preguntado polas expectativas de Vox no proceso electoral en Galicia, Espinosa de los Monteros sinalou que as ideas da súa formación "custa que entren" en "sitios onde o nacionalismo tocou o control dos medios e educación" durante os últimos 25 anos. No entanto, mostrouse confiado en obter máis escanos no Parlamento galego do que sinalan as enquisas. "Temos unha visión distinta do que vai pasar en Galicia", avisou.

O portavoz de Vox no Congreso, Iván Espinosa de los Monteros. Ricardo Rubio - Europa Press
O portavoz de Vox no Congreso, Iván Espinosa de los Monteros. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta