Localizada a veciña de Miño que desaparecera tras deixar á súa filla no colexio

Estaba nunha área de servizo da AP-9. Ao lugar foi enviada unha ambulancia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/02/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A veciña de Miño que desapareceu o luns tras deixar á súa filla no colexio, foi localizada por unha patrulla da Garda Civil de Betanzos, segundo informaron fontes da Benemérita.

Dispositivo de búsqueda de Salvamento en A Coruña
Dispositivo de búsqueda de Salvamento en A Coruña

En concreto, explicaron que apareceu "hai escasos minutos" nunha área de servizo. "Pasado a peaxe da AP-9, sentido Santiago", precisaron. Ao lugar, trasladouse tamén unha ambulancia.

Segundo confirmou o coronel Francisco Javier Jambrina, da Comandancia da Garda Civil na Coruña, a muller, "con antecedentes de problemas de depresión", xa non chegou ao seu posto de traballo este luns tras deixar á súa filla no centro escolar.

Sobre esta desaparición, indicou que se manexa a hipótese dunha "desaparición voluntaria" e confirmou que levou a cabo unha procura por "praias e lugares onde unha persoa depresiva puido acudir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta