Os afectados das preferentes botan a Feijóo do Grove

O candidato do PPdeG ten que visitar a Festa do Marisco correndo e protexido pola Policía e a Garda Civil ante os apupos dun cento de estafados. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 07/10/2012 | Actualizada ás 22:16

Comparte esta noticia

Os afectados polas participacións preferentes continúan a súa ofensiva contra actos electorais do PPdeG. Máis dun cento de estafados recibiron hoxe con berros e apupos ao candidato conservador na súa visita á Festa do Marisco do Grove.

Os cidadáns seguiron ao líder do PPdeG por todo o recinto da feira con berros de "fóra, fóra!"  e "mans arriba, isto é un atraco". A seguridade que acompañaba ao  presidente da Xunta impediu que os cidadáns puideran achegarse máis ao político para presentarlle as súas revindicacións. Agora ben, Feijóo non puido realizar a súa visita con normalidade.

Os estafados por Caixa Galicia e Caixanova, hoxe Novagalicia Banco, sabían que as forzas de seguridade ían tentar impedir a súa acción. Por iso moitos deles non vestiron as camisetas reivindicativas até que o mandatario conservador se achegou. O candidato non se detivo a coñecer as súas reivindicacións e fixo case correndo o 'paseíllo' polo Grove.

"Ogallá se atopara con isto cada vez que saen á rua,  os das preferentes, os parados, os dependentes, os bombeiros, os funcionarios, todos dicíndolles á cara o que pensamos deles" publicou a plataforma local de afectados. O Grove, O Morrazo e O Val Miñor son tres das comarcas que máis sofren as consecuencias destes produtos tóxicos.

Os afectados levan meses a reclamar unha entrevista co presidente da Xunta, que nunca os recibiu. Os cidadáns reclaman unha solución conxunta e global de todos os casos, que pase por recuperar os seus cartos. A Xunta só promove a arbitraxe, que polo de agora só logrou dar saída a centos dos máis de 10.000 familias afectadas. As plataformas locais tamén aseguran que a Xunta está a 'enchufar' a certas persoas para que accedan antes á arbitraxe

De non producirse un cambio normativo, a maior parte dos afectados terá que asumir quitas de até 70 por cento do que investiron. Así o marca as condicións do rescate ao sistema bancario español; cuxos beneficiarios, os bancos, mantéñense a flote precisamente grazas ás axudas públicas alimentadas polos impostos dos propios cidadáns.

Protesta das preferentes no Grove durante a visita de Feijóo
Protesta das preferentes no Grove durante a visita de Feijóo | Fonte: Todo Grove

O sábado afectados polas preferentes protestan no mitin de Feijóo e Rajoy  en Pontevedra, imaxes que foron censuradas pola maioría dos medios de comunicación.

Velaquí o vídeo do sucedido no Grove, publicado por Todo Grove:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

4 Xaime

http://www.youtube.com/watch?v=3OLh... Abaixo a tiranía e o afundimento de Galicia por parte do PP de Feijóo e Rajoy!!!

3 converxente

CONVERXENCIA XXI PIDE A RETIRADA DAS “MEDALLAS CASTELAO” A MÉNDEZ E GAYOSO http://www.converxencia.eu/?p=2179

1 NACIONAL GALEGO

GALEGOS ESTO E IMPORTANTE, NACIONALISTAS PATRIOTAS TODOS, DEBEMOS XUNTAR, DEBEMOS SUMAR, LEMBRADE NESTAS ELECCIONS CONCENTRAR O VOTO NO BNG PARA SACAR OS DELINCUENTES ESTES DE FRIJOLES E MARIJUANO, LEMBRADE CONCENTRAR E SUMAR E SUMAR E VENCER A LEI D'ONT E O

2 Villapsoe

E que ten que ver Feijoo coas preferentes? Que lle pidan explicacións a Pachi, que mandaba o bipartito cando os estafaron. Pero, son estafados ou pagados por PSOE e BNG para reventar os mitins do PP? Cada día que pasa aumenta a vantaxe de Feijoo. Mirade as enquisas.

1 Alberto Gzlez.

Chama aos da UPG: a culpa é de Beiras.

2 Toñi Vieiras

Falando de Cajas, Que foi do acordo entre Avella IU e Aguire en Caja Madrid? José Antonio Moral Santín, de IU foi consejero da antiga Caja Madrid desde 1995, ratificado no seu posto en xaneiro de 2010.

3 Como vai a vida.

Non sei se sabes que o BNG foi a ÚNICA forza política que apoiou aos estafados polas preferentes. E esto non mo dixo ningún militante ou simpatizante do BNG. Díxomo PERSOALMENTE un da plataforma dos estafados.

4 antiburras

José Antonio Moral Santín, representante de Izquierda Unida (AGE?) 278.000 euros de sueldo como vocal de Bankia y otros 231.000 como consejero en la matriz de la entidad, Banco Financiero y de Ahorros.

5 Xaime

Claro, por iso o PP preparou unha lei dende Madrid que fai imposible que a maioría dos afectados recuperen os cartos. Xusto, xustiño despois de que os xuices omezaran a dar sentencias a favor dos primeiros afectados que recurriron ávía xudicial. Aquí chupamonos o dedo coa inocencia do PP neste tema. Que sería dos banqueiros sen a sua humilde axuda!!!

1 Sparafucile

O importante é virarmos consciente de que esta estafa é apenas um capítulo local duma grande estafa global.