Francesc Torres repasa a súa traxectoria artística coa exposición 'Crebas' no CGAC

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou este venres na presentación da exposición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou este venres na presentación da exposición 'Crebas', que repasa a traxectoria artística de Francesc Torres Crobas e que permanecerá aberta ao público ata o 1 de xuño no CGAC.

'Crebas' é un termo propio do léxico da Costa da Morte, que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na beira a consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, a mostra exhibe unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019, que sintetizan as diferentes etapas da obra de Torres, que entende a expresión artística como "unha necesidade radical" acentuada baixo o influxo do 'finis terrae' galego.

O CGAC acolle a exposición 'Crebas', do artista Francesc Torres.. XUNTA
O CGAC acolle a exposición 'Crebas', do artista Francesc Torres.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Ademais de pezas procedentes de diversas coleccións, tanto públicas como privadas, preséntase tamén unha serie de obras orixinais directamente relacionadas con Galicia, como a serie fotográfica 'Tipo I (na escala de Kardashov)', que aborda a memoria do volframio e a Segunda Guerra Mundial ou pezas relacionadas con accións que enlazan coas súas primeiras obras conceptuais, dos anos setenta.

Cabe destacar tamén a serie Art Degree Zero, un alfabeto creado polo artista a través de imaxes das marcas que os bivalvos deixan na area da praia e instalacións como 'A campá hermética' ou 'Construction of the Matrix', a peza máis antiga da mostra, que foi presentada na Bienal de Venecia de 1976.

Comisariada por Rocío Figueroa Guisande, a mostra conta con actividades complementarias, como un taller co propio Francesc Torres do 30 de marzo ao 7 de abril, ou visitas guiadas os domingos ás 12,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta