Pontón di ofrecer algo "tan revolucionario" como que haxa unha muller e nacionalista na Xunta

Pontón "está convencida" de que nas eleccións autonómicas, Alberto Núñez Feijóo vai recibir " unha clara contestación" nas urnas a "un goberno que só demostrou ser incompetente e inútil para defender os intereses de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, destacou que no partido "non se pon límites" de cara ás eleccións do 5 de abril, que "queren liderar a alternativa a Feijóo" e algo "tan revolucionario" como a posibilidade de que por primeira vez haxa unha muller e do BNG como presidenta de Galicia.

Así o indicou a líder dos nacionalistas tras unha reunión de traballo na comisión de seguimento da campaña, na que repasaron tanto a elaboración das listas, que serán estudadas esta semana, como a do programa final, ao que incorporan "propostas da sociedade" galega a través da iniciativa 'Pensar Galiza'.

Ademais, Pontón sinalou que teñen algo que é "moi importante, a garantía de que imos ter un Goberno galego sen mordazas". Nesta liña, insistiu en que as forzas estatais "xogan" coa Comunidade e que o seu partido é o "cambio que necesita" para "deixar de estar en mans de forzas sucursalistas".

A portavoz subliñou que o BNG é unha "forza política en alza" e que "están convencidos" de que vai haber un cambio en Galicia, pero que "ten que ser real, non chega cun cambio de face ou un cambio cosmético, hai que abrir un tempo novo" .

Así mesmo, sinalou que teñen algo que é "moi importante, a garantía de que imos ter un Goberno galego sen mordazas". Nesta liña, Pontón insistiu en que as forzas estatais "xogan" coa Comunidade e que o seu partido é o "cambio que necesita" para "deixar de estar en mans de forzas sucursalistas".

"Nós imos facer unha campaña ilusionante, porta a porta, para tirar de toda a xente que pode estar a dubidar que facer", remarcou Pontón. Así, mencionou que o BNG "pode garantir unhas condicións de vida boas", o que considera "a mellor garantía que poden ter os galegos e galegas".

UNHA DÉCADA DE GOBERNO "INCOMPETENTE E INÚTIL"

Pontón "está convencida" de que nas eleccións do 5 de abril Alberto Núñez Feijóo vai recibir " unha clara contestación" nas urnas a "un goberno que só demostrou ser incompetente e inútil á hora de defender os intereses de Galicia".

Ademais, destacou que o candidato do Partido Popular deixa unha Comunidade "peor da que atopou" e a "triste marca de ser o único presidente da Xunta" que ao longo do seu goberno "non foi capaz de conseguir nin unha soa competencia nova".

Todo isto é para Pontón algo que "non pode soportar máis" Galicia, pois Feijóo "é incapaz de pór solucións a ningún dos problemas que neste momento ten" a Comunidade. Así, considera que ao popular un presidente "ausente" e un candidato que "vén a estas eleccións única e exclusivamente para facer electoralismo cutre para tapar a súa incompetencia" á fronte da Xunta.

"TURISMO ELECTORAL" DO PSOE E PP

Por outra banda, a nacionalista comparou a visita de Pedro Sánchez a Santiago coas visitas de Mariano Rajoy, pois non lle parece "nin mellor nin peor" que as do antigo presidente español.

Así, mencionou que "imaxina" que será unha campaña con "turismo electoral" por parte do PP e PSOE, pero que o BNG "non necesita curmáns de zumosol". Nesta liña, indicou que a comunidade necesita "menos Madrid e máis Galicia" e insistiu en que a candidatura do BNG ten as "mans libres", non como as forzas estatais.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada doutros membros do partido, durante unha reunión de traballo na comisión de seguimento da campaña. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada doutros membros do partido, durante unha reunión de traballo na comisión de seguimento da campaña. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 h8k5

Pontón utiliza o vello truco de falar de si mema en terceira persoa. En troques de decir " Algo tan revolucionario coma que esté eu de presidenta", que non mola, usa a terceira persoa" Unha muller, etc.

5 Riolo

Todos recordamos que la Soraya también decía algo parecido cuando quería suceder a Rajoy. Una presidenta del gobierno para España. En el fondo no hay tanta diferencia, aunque hay que reconocer que la Soraya tenía un buen trabajo aparte de la Política ya que era abogada del estado. Pero Pontona, sin la política no es nada.

1 Bateiro

Se os do PP vos ganhades tan ben a vida, cómo é que estades metidos en todos cantos tipos de delitos, mafias, e corrupcións hai polo mundo?. Ata chegades a Venezuela!!!

4 7bPs

Ela non manda, senón a UPG.

1 La upegagagagagag

Si foi a UPG a que vos obrigou a incumprir a promesa de prohibir a publicidade das apostas verdade

3 Pristino

Foi revolucionário que a Tatcher chegara a ser a Premier británica? Melhor será pôr o foco nas propostas políticas concretas.

2 anonimo 2

E qual é o problema? Que é mulher, galega ou nacionalista? Pablo Casado pela contra tem uma longa carreira...antes da política, um momento; não, Pablo Casado aprovou 12 matérias de direito em 4 meses despois de lograr sua cadeira no parlamento madrilenho, as outras 13 tardou 7 anos. ttps://www.elmundo.es/espana/2018/05/16/5afaedb746163f8c788b45c0.html De que viveu Santiago Abascal, ..., de mamandurrias. Viva a meritocracia dos centralistas da ultra direita,

1 caxancran

O problema e que TODOS estan polo seu interese persoal a vivir da pasta allea e do conto. Non vexo que ninguen represente os meus intereses. Obviamente Pp tiña que estar investigado por organizacion mafiosa.