A ilusión e a realidade

Podemos, Anova, mareas dalgúns pobos e EsquerdaUnida pecharon unha candidatura conxunta despois de criticarse ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación. Con este feito compróbase que a esquerda rupturista é un mito. Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 26/02/2020

Comparte esta noticia

As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  máis que as supostas  ideoloxías que predican, se é que existen tales  pensamentos.  Desde as últimas eleccións á Xunta, case todo foron pugnas persoais e combates de poder.  O debate,  análise de ideas  e proxectos non se viu por ningunha parte, para xúbilo do goberno do PP.   
 
Todo as pugnas liquidáronse o venres 21 de febreiro, acordando unha  repartición de postos nas candidaturas, encaixando quen sae deputado e quen non, atendendo ás enquisas moi minguadas tras os 4 anos estériles de oposición.  É obvio que só  lles une as expectativas de ocupar cargos e repartirse as prebendas. Así, confórmase unha coalición entre os mesmos que hai un ano dicían que traizoaran a Galicia, que non se apoiaron nas confrontacións electorais, e polos que están a dar un espectáculo de  nepotismo máis ben propio da época feudal.

A ilusión que crearon nun sector electoral de alternativa política se  difuminou,  e 4 anos despois eses electores, coa experiencia da realidade,   optaran  por forzas políticas, con todos os seus defectos, pero  de fiar.

Antón Gómez-Reino e Martiño Noriega
Antón Gómez-Reino e Martiño Noriega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA