Feijóo critica os traspasos de competencias a Cataluña e Euskadi tras case doce anos de paralizalos en Galicia

Cre que a transferencia da Seguridade Social a Euskadi "desvertebra" o Estado: "Non se pode negociar o innegociable".

Por E.P. | MADRID | 25/02/2020 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, está usando, agora, o traspaso de competencias a Cataluña e Euskadi como argumento electoral, cando nos case doce anos que leva no goberno de Galicia bloqueou e desatendeu calquera traspaso a Galicia.

O presidente de Galicia e do PP de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo
O presidente de Galicia e do PP de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo | Fonte: EUROPA PRESS

Así, este martes denunciou que o Goberno debaterá un concerto sobre un acordo fiscal con Cataluña na mesa de negociación que se celebrará este mércores coa Generalitat en prol de "romper" o sistema de financiamento autonómico a favor desta comunidade.

Así o expresou durante a súa intervención nun almorzo informativo no que tamén asistiu o presidente do PP, Pablo Casado. Feijóo reiterou que o Executivo debaterá sobre isto nunha reunión bilateral, no canto de facelo no Consello de Política Fiscal e Financeira, ao que o vicepresidente da Generalitat, Pere Aragonès, non acudiu.

Nun contexto no que as comunidades autónomas están a presionar ao Goberno para unha reforma do financiamento autonómico, Feijóo censurou que o Executivo liderado por Pedro Sánchez celebre unha mesa de diálogo cos independentistas cataláns que, ao seu xuízo, irá en detrimento de outros territorios.

TRANSFERENCIA DA SEGURIDADE SOCIAL A EUSKADI

Outros dos temas de actualidade que coparon este coloquio con Feijóo foi a transferencia da Seguridade Social ao País Vasco. Neste sentido, Feijóo criticou que se negocie co Executivo vasco unha transferencia que é competencia exclusiva do Estado.

"Non se pode negociar o innegociable", subliñou o presidente galego que asegurou que non fará a mesma reclamación que os nacionalistas vascos porque, ao seu xuízo, esta transferencia da Seguridade Social supón a "desvertebración" do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta