Goberno central e comunidades autónomas acordan que os casos leves de coronavirus sexan seguidos en casa

Tamén acordan que se van realizar probas para detectar o virus ás persoas con pneumonía ou casos de infección respiratoria grave ingresadas nos hospitais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Os casos leves de coronavirus vanse poder seguir nos domicilios e vanse realizar probas para detectar o virus ás persoas con pneumonía ou casos de infección respiratoria grave ingresadas nos hospitais, segundo acordaron o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), convocado de forma extraordinaria polo ministro de Sanidade, Salvador Illa, e onde se aprobou un novo protocolo de actuación.

Protección contra o coronavirus
Protección contra o coronavirus | Fonte: DPA

Trátase de dúas medidas contempladas no novo protocolo elaborado polo Ministerio de Sanidade, e que foi aprobado polas comunidades autónomas, e no que tamén se sinala que os cidadáns das zonas italianas de Lombardía, Piamonte, Emilia-Romaña e Véneto, así como os de Xapón, Irán, Corea do Sur e Singapura, sexan considerados pacientes de risco.

Ao mesmo tempo, aquelas persoas que teñan unha infección respiratoria aguda serán consideradas como sospeitosas ou 'casos en investigación', a condición de que estivesen nas zonas de risco nos 14 días previos ao comezo dos síntomas ou tivesen contacto cun caso confirmado ou en estudo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta