Cinco detidos cando tentaban roubar na casa dos pais dun deles mentres ían á misa

Aconteceu en Vilamartín de Valdeorras, Ourense. A Policía Nacional relaciona este grupo criminal con narcotráfico, secuestros, roubos e estafas na venda de drogas.

Por E.P. | OURENSE | 28/02/2020 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron catro homes e unha muller cando tentaban roubar na casa dos pais da arrestada cando estaban na misa o pasado domingo en Vilamartín de Valdeorras.

Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que está baixo segredo de sumario, que relataron que as pescudas parten dunha investigación do Grupo de Estupefacientes da Policía Nacional de Ourense iniciada a mediados de decembro do ano pasado en relación a un cidadán dominicano residente en Ourense que se trasladaba moito á zona do Barco por asuntos relacionados co narcotráfico.

No marco das investigacións, o 20 de xaneiro na denominada 'Operación Palo', que se saldou con dous detidos, a Policía Nacional realizou o seguimento de dúas persoas que ían transportar dous quilos de cocaína, ás que finalmente non lles interceptaron nada na viaxe porque non chegaron a un acordo co comprador, relataron as mesmas fontes.

No entanto, a Policía Nacional seguiu investigando este grupo criminal organizado, un dos cales se dedicaba a cortar a droga sen coñecemento do resto dos seus compañeiros e a parte extra vendíaa no seu domicilio. Esta persoa foi arrestada hai un mes e interceptáronlle na súa vivenda útiles para a manipulación da droga.

A Policía Nacional relaciona este grupo criminal con narcotráfico, secuestros, roubos en casas e estafas na venda de drogas. Deste xeito, no marco das pescudas os axentes tiveron coñecemento de que se ía a producir un roubo nunha casa en Vilamartín de Valdeorras, propiedade dos pais dunha muller que non pertencía ao grupo criminal, pero que se puxo en contacto con el.

As mesmas fontes indicaron que a muller avisou aos integrantes do grupo criminal que na casa había 300.000 euros nunha caixa forte, da que lles facilitou a chave e o contrasinal para acceder.

DISPAROS

Deste xeito, no marco da denominada 'Operación Misa', cando os propietarios da casa estaban na igrexa o pasado domingo, os asaltantes, ao non servir a chave, accederon cunha radial ao domicilio.

Cando ían abandonar a vivenda, os asaltantes foron sorprendidos por axentes da Policía Nacional que os esperaban fóra. Ao tentar darse á fuga, os policías realizaron uns disparos ao aire intimidatorios, aseguraron as mesmas fontes, tras o que foron detidos os catro homes e a muller, filla dos donos da casa.

Patrulla da Policía Nacional. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo
Patrulla da Policía Nacional. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta