Anova propón a Martiño Noriega como número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común

A Coordinadora Nacional reúnese este sábado para designar e aprobar os nomes das candidaturas. O portavoz nacional, Antón Sánchez, non irá nas listas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Martiño Noriega é o nome que Anova propón para situar no número tres da lista pola Coruña da coalición con Galicia en Común, cuxo candidato á Xunta é Antón Gómez-Reino (Podemos). Os nomes que ocuparán os postos pactados na alianza rexistrada o pasado venres serán referendados na Coordinadora Nacional da formación da que é cofundador o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Fontes de Anova confirmaron a Europa Press que Martiño Noriega aceptou dar este paso e situarse no número tres da lista pola Coruña. Mentres, o exdiputado no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello é o nome que previsiblemente encabezará a lista da coalición por Lugo e falta por concretar o posto número dous para Pontevedra, para o que soa a concelleira viguesa Oriana Méndez, sen que este nome estea pechado aínda.

Desta forma, queda despexada a incógnita de quen ía ocupar o posto que Anova tiña reservado na candidatura pola Coruña e para o que a formación nacionalista barallou situar tamén ao seu portavoz nacional, Antón Sánchez.

Os dous nomes tiñan o aval para ir neste terceiro posto que Anova pactou na coalición, pero, tras oito anos na vida institucional, Antón Sánchez nin sequera concorrerá na candidatura. Opta por pechar un ciclo na actividade parlamentaria, tras converterse en deputado por primeira vez en 2012 coa coalición AGE --que asinaron Anova e Esquerda Unida e que irrompeu con nove deputados--, e centrarse na vida orgánica da formación nacionalista.

"REFERENTE DO SOBERANISMO"

Coa entrada de Martiño Noriega na lista de Galicia en Común-Anova Mareas --marca electoral coa que se presentará a coalición pactada por Podemos, Esquerda Unida e Anova--, a formación nacionalista sitúa a un "referente do soberanismo" na candidatura, mentres que Antón Sánchez queda 'libre' para a organización política, da que seguirá á fronte e que pretende afianzarse no territorio galego.

As mesmas fontes de Anova sosteñen que situar a Noriega no número tres supón unha "aposta moi forte" da formación nacionalista pola coalición, que se pechou ao límite de tempo o pasado venres.

"Hai que pór todos os recursos para derrotar a Feijóo nas urnas", mantiveron as mesmas fontes. De Noriega, insisten en que se trata de "un referente do soberanismo" e Anova porá "todo da súa parte para o futuro político do país".

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras no IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras no IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Paraxaarcolitro

Antón Sánchez era o único que pagaba a pena. Adeus.

7 Kamarada

A estes quédalles un telediario . Agora que non hai sitio para todos é cando comeza o espectáculo. No BNG deben de estar escarallándose coa risa. Eu non os querería nin de recadeiro. Xa empezo a entender o do espazo rupturista. Por onde pasan arrasa. Adeus Martiño, adeus Beiras... Non volvades oh!

1 a fantasma de Amio

"No BNG deben de estar escarallándose coa risa". Pois non se nota. Levades máis dunha semana, desde que se confirmou a coalición entre GeC e Anova, patalexando rabiosos en todos os foros. Seguide chorando! XDDDDDDDD

6 Picheleiro

O gorrechas acabou con En Marea e agora acabou con Antón Sánchez

1 José

Pensar en escribir deste tipo e xa me enveneno.., qué cousa máis tóxica..

5 decrepitude evidente

Farsantes é unha telenovela mandrileña producida por Podremios Polca Productions que comezou a rodar o 6 de maio de 2009 e que se emitiu no tempo principal da pantalla de "o mareante" dende o martes ata o xoves ás 22:45. Emitido o 26 de xuño de 2019 Estivo protagonizado por Pepe Perogrullo, Facundo Calamacho, Griselda Ruptura Coches, Benjamín Antoñete e Alfredo Merendas do AGE, coas participacións antagónicas de Xulieta Ingrid Pelicori e o primeiro actor Xose dasVieiras .

4 Próculo

Antón liberado de Anova e Martiño deputado. Hai que comer!