Temas: DESAPARECIDO

Galicia mantén activas case 200 desaparicións sen resolver, 59 delas de menores

Rexistra o o 3,6 por cento das denuncias por desaparición que permanecen activas en toda España, sendo a sexta autonomía con máis casos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2020 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A 31 de decembro de 2019 continuaban activas en Galicia un total de 198 denuncias por desaparición de persoas, das que 59 corresponden a menores de idade, segundo os datos feitos públicos este luns polo Ministerio do Interior, segundo os cales as desaparicións sen resolver a nivel estatal son 5.529.

Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido no río
Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido no río | Fonte: Guardia Civil

Con iso, segundo este informe, en Galicia están o 3,6 por cento das denuncias por desaparición que permanecen activas en toda España, o que a converte na sexta maior cifra por comunidades, despois de Andalucía (2.234), Comunidade Valenciana (488), Cataluña (459) e Canarias (405).

Por provincias, 76 destas denuncias activas están na Coruña, 52 en Pontevedra, 38 en Lugo e 32 en Ourense. Ademais, 59 corresponden a menores desaparecidos.

A nivel estatal, o número de denuncias por desaparicións caeu máis dun 11,5% en 2019 respecto das presentadas no ano anterior, ata situarse nun total de 26.356 denuncias rexistradas. No entanto, deste total presentado o ano pasado, só 2.451 permanecían activas a 31 de decembro.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta