As nenas e nenos de Verín demostran estar concienciados co medio ambiente

O 4 de marzo celebraron o 'Pleno Infantil', un encontro que convoca cada ano o concello para implicar aos rapaces e rapazas na vida pública veciñal.

Por X.M. Fernández | Verín | 06/03/2020 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Este ano participaron máis de 150 alumnos de sexto de Primaria e 1º e 2º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España.

Imaxe do Pleno Infantil 2020. Foto: Prensa Concello de Verín
Imaxe do Pleno Infantil 2020. Foto: Prensa Concello de Verín

O pleno infantil deste ano centrouse no medio ambiente no cambio climático e na transición ecolóxica, afondando en importantes temas como o quecemento e desxeo global, a problemática dos microplásticos ou a importancia das zonas verdes urbanas.

A sesión, na que se busca a participación activa dos pequenos e pequenas para coñecer as súas inquedanzas e propostas, estivo presidida polo alcalde en funcións e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo a as concelleiras de Cultura, Educación e Festexos, Emilia Somoza; de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez e de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago.

Entre as propostas que lle formularon aos membros da corporación municipal destacaron a creación dun parque multiaventura, o fomento dunha educación que promova a concienciación ecolóxica e implantación de sistemas de máquinas de reciclaxe remunerado de envases.

Diego Lourenzo quixo lembrar que esta sesión plenaria foi concibida polo Concello de Verín e os centros educativos coa finalidade de fomentar os valores de convivencia, tolerancia, respecto e non violencia entre os máis pequenos. “Cremos que, ademais da súa propia aprendizaxe realizada coa preparación dos temas, é un  método moi efectivo  para que os nenos e nenas lle transmitan aos seus pais e familiares estes valores”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegON

Moi interesante, educar na xestión e no debate.