Un activista galego debate co vicepresidente da Comisión Europea sobre o Pacto Verde

O galego Rodrigo López Piquín fixo entrega ao vicepresidente dun Plan Alimentario que se esta a desenvolver en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020 | Actualizada ás 22:17

Comparte esta noticia

O Pacto Verde Europeo é a nova folla de ruta para converter Europa no primeiro continente

Eurocámara
Eurocámara | Fonte: aa.com.tr

neutro para o clima para 2050. Para botalo a andar, a Comisión Europea busca a participación da cidadanía de cara ao deseño de novas accións, lanzamento de actividades, intercambio de información e presentación de novas solucións.

Neste contexto, o vicepresidente executivo, Frans Timmermans, vén de organizar unha sesión en directo cuns cantos rapaces e rapazas activistas, entre eles, o galego Rodrigo López. Nesta reunión, o vicepresidente aproveitou para anunciar o lanzamento dunha consulta pública aberta sobre o Pacto Climático e convidou a cidadanía a unirse con ideas e suxerencias.

Rodrigo López Piquín é o Coordinador do Foro de Mozos da Rede Española de Reservas de Biosfera e un dos coordinadores da Rede de Mozas IberoMaB do Programa Home e Biosfera de UNESCO. Ademais, colabora de forma altruísta na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Actualmente traballa na empresa Comparte Marketing Social que achega solucións a administracións públicas e privadas para poder vivir nun mundo mellor, máis sostible.

REIVINDICANDO O CONSUMO LOCAL

Na súa intervención, Piquín lembrou que “a industria alimentaria é a responsable da emisión do 22 % dos gases efecto invernadoiro e consome un 30% da enerxía no mundo". "Parte desta incidencia resolveríase consumindo máis produtos locais”, incidiu. O vicepresidente Timmermans apelou tamén ao consumo responsable para "protexer a biodiversidade en Europa". "Existe un proceso moi preocupante de perda de especies que o programa “Farm to  Fork” do Pacto verde Europeo quere reverter", anunciou.

 

Piquín continuou a conversa: “Esta mañá ofrecéronme para almorzar laranxas e plátanos que non proviñan da UE e eu rexeiteinos. Se hoxe todos os clientes os rexeitaran por ese motivo, mañá o dono da cafetería empezaría a vender produtos locais”. Rodrigo cre que os únicos que poden cambiar o mercado realmente son os consumidores e non as leis, con todo, esas leis poden apoiar o cambio. Unha das peticións foi crear unha etiqueta para identificar os produtos de proximidade.

 

“Estou convencido de que os mozos debemos tomar parte no proceso de toma de decisións, debe conseguir -Sr. Timmermans- que os mozos en Europa nos sintamos partícipes do Pacto Verde Europeo, é importante poder falar directamente cos nosos políticos para así poder vivir entre todos nunha Europa mellor”, sentenzou o activista galego.

 

Ao finalizar o evento fixo entrega a Frans Timmermans dun documento resumo do Plan Alimentario Sostible da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta