Feijóo di que a vitoria é grazas a súa xestión

Alberto Núñez compareceu exultante e defendendo a súa xestión. "Isto sería imposible se a xente non entendese que se goberna con responsabilidade", sinalou.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Feijóo ve que a súa vitoria sería "imposible" se a xente "non entendese" que se goberna con responsabilidade"

Feijóo e Rueda celebran a victoria
Feijóo e Rueda celebran a victoria | Fonte: que

O reelixido presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presumiu e, moito, de goberno na súa comparecencia para agradecer aos galegos que lle renovaran a súa confianza tras ampliar a súa maioría absoluta de 38 a 41 deputados, a pesares de baixar un punto e medio e deixar 150.000 votos con respecto a hai catro anos.

"Foi unha victoria clara e limpa", dixo sobre os seus resultados acompañado do seu número dous no PP galego, Alfonso Rueda, e de Pedro Puy, outro dos seus 'homes fortes' no partido. 

A crise

Feijóo insistiu en que os grandes resultados do seu partido se deben a súa xestión estes máis de tres anos e medio e por iso dixo que o seu grande obxectivo será "axudar a Galicia a saír da crise". Por iso, o seu primeiro "recordo" foi para os parados e quen sofren "especiais dificultades" pola crise.

Por iso, garantiu que vai "traballar" para estar "á altura das circunstancias" e da "confianza" que lle outorgaron os galegos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Juana

Que xestion? Se non fixeches nada. O que pasa nesta Terra e que se premia a vagancia. A desfrutar do votado. Eu emigro....

1 xan soares

Sí que fixo, deu cartos a moreas á Voz de Galicia para que se inventase unha xestión fantástica. Tamén fixo boa xestión dividindo ao bloque e axudando ao PSOE a elixir coma líder a Pachi.