Veciñanza do Bierzo organízase para reavivar a cuestión provincialista
O vindeiro 28 de marzo celebrarán unha reunión para crear un grupo que lle dea pulo a unha hipotética recuperación da provincia do Bierzo, xusto un ano antes de que se cumpra o 200º cabodano da súa creación. A xuntanza xorde tamén como resposta á petición de segregación de León.