#QuedaNaCasaMotor: un curso de balde de competición en liña para evadirse do coronavirus

A Escudería Scratch Fene pon en marcha esta iniciativa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/03/2020 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

Do mesmo xeito que o mundo da cultura se puxo en marcha para combater o confinamento con actividades de ocio que axuden a pasar do mellor xeito posible as horas de estancia na casa, dende a Escudería Scratch Fene consideran que o deporte tamén pode contribuir do mesmo xeito e é por iso que os seus deportistas de primeira liña, Édgar Vigo e Fátima Ameneiro (DGAN) ofreceranse para a organización dun curso gratuito e online de iniciación á competición e copilotaxe para tódolos afeccionados e deportistas que o desexen.

Escuderia Scratch Fene.
Escuderia Scratch Fene.

A idea inicial do clube será a de realizar unha serie de sesións a través de Facebook nas que a unha hora da tarde, aínda por determinar, os deportistas contarán os diferentes conceptos básicos para a iniciación no mundo da competición e seguirán ampliando os seus contidos en diferentes xornadas ate chegar a explicacións no tocante as labores dos copilotos e mesmo de toma de notas para pilotos.

Como explica Édgar Vigo, “en función de se existe demanda ou non, a actividade programarase cós inscritos no horario que máis conveña á meirande parte dos participantes e poderíase estimar o emprego doutro medio de comunicación diferente do Facebook, ainda que de primeiras parece un medio fantástico xa que permite que os diferentes usuarios poidan escribir as súas dúbidas en directo e ir resolvendo as súas dúbidas instantaneamente, ao mesmo tempo que se poden conectar persoas de todo o mundo”.

Con esta actividade, Scratch Fene agarda poder recuperar o tempo perdido que lles causarán estas xornadas de inactividade nas suas escolas deportivas e ademáis, quere poñer o seu grao de area cun material novidoso de entretemento para pasar o tempo do mellor xeito posible, sempre dende un punto de vista de entretemento máis que de formación profesional, pero contando coa experiencia persoal de dous deportistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta