O BNG de Ourense renóvase tras o caso Pokémon

Isabel Pérez e Marta Arribas deixan as súas actas. Antes xa o fixera Fernando Varela tras a súa implicación neste caso. A decisión adoptouse para seguir na oposición

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/10/2012 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

As concelleiras do BNG no Concello de Ourense Isabel Pérez e Marta Arribas anunciaron este martes que deixan as súas actas na corporación municipal.

Isabel Pérez e Marta Arribas nun acto do Bloque
Isabel Pérez e Marta Arribas nun acto do Bloque | Fonte: Flickr BNG de Ourense

Unha decisión que chega tras a asemblea local do BNG, que se celebrou este luns, e que tamén decidiu que os nacionalistas non negociarán a entrada no goberno local e, polo tanto, descartan reeditar un novo bipartito.

E é que, segundo as fontes consultadas, facíase moi difícil que as dúas concelleiras que participaran no Goberno municipal estiveran na oposición criticando, nalgúns casos, políticas que previamente terían apoiado.

Renovación

Coa saída destas edilas, o grupo municipal do Bloque renovarase por completo logo de que o xa es concelleiro Fernando Varela dimitira ao ser imputado na Operación Pokémon e que obrigou tamén á dimisión do ex alcalde socialista Francisco Rodríguez.

Agora, pasarán a ser concelleiros desta corporación municipal Susana García e Ximena González. Antes xa entrara Xosé Somoza en substitución de Fernando Varela. A maior parte deles da APU, a coalición liderada pola UPG.

Consello Nacional

A saída de Pérez e Arribas chega tras o Consello Nacional do pasado sábado no que se abordou a necesidade dun cambio nas políticas e nas estruturas nacionalistas tras o fracaso das eleccións do 21-O. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

7 3veceskk

Anda! qué melenas negras e longas. Qué imaxe de renovación eu pensei que era un anuncio de champú, pero non, é o de sempre e o anuncio da colónia. hala! que vos dén.

6 Bemposta

Para un galego: Ao non entrar o BNG no goberno de Ourense se cadra autónomos coma tí non poder aproveitarse

1 un galego

que fenómeno o tipo este, que fenómeno, autónomos coma mín seguro que nos "aproveitamos" máis co PSOE e co PP, que fenómeno. Eu son afiliado ao BNG e estou orgulloso da saída do BNG de Ourense do goberno da cidade, moi orgulloso. Que fenómeno, en fin

5 farto

xa tardaron!

4 xanxanxan

xa estade a discutir chorradas. Por qué non falades de Ence, da lei de costas, do caras que son as peaxes, do caro que está o gasoil, do derroche dos aeroportos galegos, do pouco xeito que teñen para organizar unha rede viaria na Galiza por camiños de ferro, eu que sei... Estades a falar de chorradas que si o BNG, que si AGE. Non entendedes que a xente da rúa ten outras inquedanzas. Non sabedes que esta democracia que temos está totalmente obsoleta. Os partidos políticos, iso é unha imposición do capitalismo puro e duro, os partidos políticos son o cancro da política. Hai que ir a por unha democracia máis directa e máis constante no tempo. Non pode ser que escollamos uns partidos políticos como se fosen empresas de xestión, para que fagan o que queiran durante catros anos. En que cabeza cabe que uns cantos dirixentes fagan e desfagan, e ninguén lle poida facer nada legalmente. Alguén me pode dicir que utilidade teñen?

1 A lanterna de Dióxenes

No fundo, moi aló no fundo podo estar de acordo contigo; sen embargo gustaríame coñecer a túa alternativa aos partidos políticos. Cecais así xa estariamos a falr doutro modelo social, doutro mundo político, porque política é todo, non esquenzas. Dame pistas, datos, ferramentes para o cambio; palabras só non me serven. Anímata!!

2 xanxanxan

asamblearia, directa, sen partidos. Utilizar a tecnoloxía, para evitar perdas de tempo e cartos. control directo dos representantes....

3 Exemplo

Non era sin tempo. E que cunda o exemplo noutras cibdades. Ou o BNG renova (prácticas, mensaxes e líderes) ou o naufraxio converirase en afundimento.

1 Nandiño

Especialmente en Ferrolterra, onde non paran de caer en picado