Marea Atlántica lamenta que non se puidese "extinguir" o contrato de Tranvías

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) deu a razón á Compañía de Tranvías e concluíu que a súa concesión do bus urbano debe seguir ata 2024.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2020 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Marea Atlántica emitiu un comunicado, despois da decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) de dar a razón á Compañía de Tranvías e concluír que a súa concesión do bus urbano debe seguir ata 2024, no que lamenta o fallo e que non se puidese "extinguir" o contrato.

Ao tempo, defende a decisión adoptada cando dirixía o Consistorio herculino no pasado mandato e reivindica que o procedemento se fixo "na procura do ben común".

Así as cousas, lamenta a "interpretación restritiva" do TJUE e subliña que o goberno de Xulio Ferreiro tratou de acabar o contrato "outorgado a dedo en 1986" e substituílo por ouro "con mellores condicións para o servizo público".

Un paso dado, remarca, "con todas as garantías xurídicas".

Bus urbano. XUNTA - Arquivo
Bus urbano. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta