Alertas a través de Whatsapp para vítimas de violencia de xénero

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A situación de alarma que obriga aos cidadáns a permanecer nos seus domicilios excepto para trámites urxentes xera novas circunstancias en ámbitos como o da violencia de xénero, dado que pode confinar a mulleres maltratadas no mesmo domicilio que os seus maltratadores ou dificultar a asistencia daquelas que contan con medidas de protección.

Por iso, o Goberno estatal aprobou un Plan de Continxencia contra a violencia de xénero que permanecerá activo mentres dure a situación de alarma e que permite cuestións como a alerta de casos de violencia a través do sistema Whatsapp ou a obrigación de continuar prestando os servizos de asistencia e asesoramento a mulleres vítimas de violencia de xénero.

Así, as vítimas que sufran unha emerxencia domiciliaria por violencia de xénero poderán mandar unha mensaxe de alerta por mensaxería instantánea con xeolocalización ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e, proximamente, habilitarase un 'Chat sistema' de mensaxería instantánea para a contención e asistencia psicolóxica durante a permanencia en domicilio, que será xestionado pola Administración Central.

Ante esta situación de emerxencia, a través deste plan, Igualdade quere "previr, controlar e minimizar as posibles consecuencias negativas nas vidas de moitas vítimas de violencia de xénero devidas das medidas de confinamento".

Teléfono móbil coa aplicación whatsapp
Teléfono móbil coa aplicación whatsapp

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta