Feijóo comparecerá este xoves no Parlamento ante un hemiciclo con cinco deputados

Terá tempo indefinido para falar, mentres que a oposición só poderá intervir durante 20 minutos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá este xoves, 26 de marzo, para explicar as medidas adoptadas debido á crise do coronavirus covid-19 ante a Deputación Permanente --o órgano de garda entre lexislaturas--, segundo confirmaron a Europa Press fontes parlamentarias.

Pero en aras de salvagardar as medidas de seguridade sanitaria ao máximo, en lugar de facelo nunha das salas de comisións do Pazo do Hórreo, como é habitual, o mandatario galego subirase ao atril do hemiciclo, onde se reúne o pleno de deputados durante a lexislatura. A este pleno especial só acudirá un representante de cada grupo, en total cinco, xa que o resto delegará a súa representación, aínda que neste caso non está prevista ningunha votación.

A Deputación Permanente conta con 21 membros, entre eles o propio presidente da Xunta, e outros tantos suplentes, que non teñen participación directa neste órgano parlamentario. Feijóo comparecerá sen límite de tempo, pero os grupos si terán un máximo de dez minutos para responder á primeira parte do discurso e outro cinco para aclaracións. O dirixente autonómico pechará a intervención polo tempo que considere oportuno.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entra no hemicilo do Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entra no hemicilo do Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pois se eu fora oposición sobraríame tempo: bastaría con este vídeo e marchar do hemiciclo! E deixalo que fale o que queira... https://www.facebook.com/galiciapre... Eso sí, os dous lazaretos teñen cura ou tampouco... https://flic.kr/p/2fTD4vJ