Chega unha onda de frío polar en Galicia para a fin de semana

Comezará o sábado e estará ata o martes.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/03/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A fin de semana será moi fría en Galicia coa chegada dunha masa de aire polar que deixará máis frío do normal para esta época do ano e, sobre todo, algunhas precipitacións de neve en zonas altas.

Evolución da masa de aire polar para o domingo
Evolución da masa de aire polar para o domingo | Fonte: severe-wether.eu

Este cambio de tempo, logo de temperaturas primaverais, ten a súa orixe nun potente sistema de altas  presións sobre o Atlántico Norte que traerá un importante brote de frío no oeste e posiblemente tamén no suroeste de Europa durante os últimos días de marzo. As nevadas tamén serán posibles.

Con todo, o frío non será moi extremo, pero as temperaturas serán moito máis frías que a media para esta época do ano. As previsións indican que chegará o sábado e marchará o martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta