Profesores da USC destacan o impacto das epidemias na historia

Suliñan que, grazas a elas, se produciron avances científicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Os profesores da USC Fernando Julio Ponte Hernando e Ofelia Rei Castelao destacan nun texto impacto que tiveron, ao longo da historia, as epidemias na humanidade e a forma na que contribuíron a fomentar avances científicos.

Tal e como lembran estes expertos, "as epidemias ameazaron á humanidade desde tempos inmemoriais", á vez que forzaron " a procura inmediata de solucións que, na maior parte dos casos, constitúen auténticos logros científicos".

"As grandes crises obrigan a pór a maquinaria científica de todos os países desenvolvidos a toda marcha. Aparecen novas vacinas, perfecciónanse técnicas de diagnóstico e substancias terapéuticas, desenvólvense novos dispositivos, xorden novos conceptos de organización da saúde, ou se obteñen patentes orixinais que son unha fonte de riqueza e adquírense novas conviccións sociopolíticas", apunta o profesor de Historia da Ciencia na USC Fernando Julio Ponche Hernando.

Con todo "é imposible dicir que unha epidemia foi motor de progreso sen aceptar que para iso foi preciso que morresen miles ou centos de miles de persoas", sinala a historiadora Ofelia Rei Castelao, para quen non poden denominarse, por iso, motor de progreso, aínda que "si que implicaron unha mellor xestión para facer fronte aos contaxios, sistema de avisos, organización de reservas alimentarias, preparación de espazos de acollida ou avances médicos".

Cadro sobre a peste negra, unha pandemia que afectou ao mundo medieval
Cadro sobre a peste negra, unha pandemia que afectou ao mundo medieval | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Desta pandemia importaremos o sistema chino de BigData e IntelixenciaArtificial e 5G para un control total da poboación e a xente encantada de regresar a un Estado Autoritario onde todo se controla e os disidentes son eliminados directamente !!! https://elpais.com/ideas/2020-03-21... Un progreso de carallo !