Galicia é un territorio periférico (o Finis Terrae) e a súa poboación vive dispersa en aldeas, vilas e cidades pequenas. A chegada de persoas de fóra é escasa (se pechamos o Camiño de Santiago) e non temos un aeroporto internacional con excesivo tránsito de estranxeiros. Esta situación tivo, nesta epidemia do coronavirus, un efecto protector. Neste caso foron as condicións propias da nosa xeografía as que nos protexeron.
  comenta   0
Este investigador lucense explica que "o risco de rebrote por coronavirus é evidente". Agora haberá que ver, di, "con cantos casos pensamos que podemos convivir". Ao seu parecer, se as medidas de contención se aplicaran "cinco ou seis días antes", a situación sería moi distinta.
Feijóo basease nos informes dos seus xuristas e do seu comité de expertos para convocar as eleccións en xullo. Só En Marea apoia esta postura. PSdeG, Galicia En Común, BNG e Ciudadanos acusan a Feijóo de romper as súas promesas e insisten en que xullo non é un bo momento para garantir a seguridade sanitaria dos galegos.
  comenta   0
A formación di que a semana pasada celebráronse asembleas de En Marea con "éxito" e abordouse esta posibilidade de "retomar a iniciativa de crear unha plataforma galeguista".
  comenta   8
Caballero censura que Feijóo "priorice" os seus intereses electorais antes que "a saúde" dos galegos. En Común recela dos informes "ambiguos" e desliza que Feijóo quere "amañar o proceso" electoral. O BNG cre que os informes non dan "garantías democráticas nin sanitarias" para eleccións e pide a Feijóo rectificar. O PPdeG apoia que as eleccións sexan "canto antes" e esixe á oposición ser "leal" aos galegos
  comenta   1
Asegura que o seu grupo de expertos dille que hai que facer as eleccións canto antes porque virán milleiros de turistas en xullo e agosto. E, precisamente, o presidente galego quere convocar aos galegos en xullo, en plena época de rebrotes.
  comenta   7
Os partidos da oposición cargan duramente contra Feijóo por insistir en convocar elección. Galicia en Común cre que o presidente galego "actúa en clave de campaña" e o BNG lémbralle que ten que consultar as datas coa oposición.
  comenta   4
O Sergas presentou o plan de reactivación de atención primaria, que será "flexible" para adaptarse á situación epidemiolóxica do territorio
  comenta   0
O voceiro de Galicia en Común tacha de "inútil" o estudo epidemiolóxico da Xunta, do que di que non é máis ca un "investimento en propaganda electoral pagada co diñeiro de todas".
  comenta   3
Di que os resultados analizaranse "nos próximos días" para obter "información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais". Fontes sanitarias avanzaron que había tan só un 1% de casos positivos.
  comenta   0
O ex secretario xeral do PSdeG aproveitou o confinamento para actualizar os seus coñecementos médicos en epidemioloxía tal e como se pode ver neste vídeo.
  comenta   0
O ministro Illa subliñou que a nova prórroga solicitada ao Congreso reforza os mecanismos de cogobernanza coas CCAA, aínda que non entrou en maiores detalles.
  comenta   0
Incluirá as camas dos centros privados, a dos hospitais de campaña e outras que non especifica para cumprir coa esixencia do Ministerio de Sanidade para avanzar nas etapas do desconfinamento.
  comenta   0
A Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (Tesgalicia) din que os mandaron "á primeira liña" con equipos defectuosos.
  comenta   0
Galicia en Común acusa a Feijóo de “mentir” por pedir que as autonomías e o Goberno central “faciliten todos os datos” e ser a Xunta a que non aporta información.
  comenta   0
Di que a dimensión da crise demanda contar "canto antes" cun Parlamento plenamente constituído e un Goberno en plenitude de funcións. Chama a unha mesa de partidos o 30 de abril para analizar a nova data da convocatoria.
  comenta   3
Illa poderá ditar ordes aliviando as restricións sobre desprazamentos e apertura de comercios diferenciando por territorios.
  comenta   1
Pide que a xente pendure de xanelas e varandas bandeiras galegas e cartaces co lema "Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión".
  comenta   11
O plan específico de Cruz Vermella para persoas vulnerables atendeu máis de 31.500 chamadas en Galicia. A Subdelegación do Goberno na Coruña reparte case 10.000 máscaras a entidades sociais e benéficas.
  comenta   0
Na actual pandemia do Covid 19 cabe preguntarnos se o goberno actuou tarde e, se asi foi, saber o por que.
  comenta   0
Antes de que comece a ler esta breve reflexión, quero deixarlle claro que non paga a pena que lea este artigo se procura información sobre a situación que atravesamos, mesmo se o seu obxectivo é coñecer que pasará “epidemiolóxicamente” o día despois de que os poderes públicos estimen que isto xa pasou.
  comenta   0
O PSdeG urxe á valedora do Pobo que garanta os dereitos de usuarios das residencias. Galicia en Común pide que se medicalicen todos os centros e o BNG que os maiores sen covid-19 poidan ir con familiares e esixirá unha investigación parlamentaria
  comenta   1
O Venres Santo, por primeira vez na historia, non haberá 'Luar', pero, no seu lugar, programarase o especial 'Luar, canto te boto de menos'.
  comenta   0
O persoal de Correos é o colectivo con máis contaxios rexistrados por coronavirus só por detrás de sanidade. Séntense expostos, traballan con medo e dubidan que o servizo que desenvolven sexa esencial. "Atópaste todos os días furando corentenas dunha casa para outra", denuncian.
  comenta   0
"O estado de emerxencia non nos pode quitar dereitos", fala Mar Peteira, do comité de empresa dun centro de maiores de Compostela. Os casos positivos suman xa máis de 300 en toda Galicia e as traballadoras rescatan da memoria aqueles primeiros días en que as tachaban de histéricas por pedir protección.
  comenta   1
A Xunta sinala o pico para a fin de semana. O director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade argumenta que "non ten sentido" que persoas das residencias que "presentan un cadro leve" se leven ao hospital "e ocupen espazo" que "ten que haber para xente con síndromes agudas respiratorios".
  comenta   0
A demora do Goberno en resolver aspectos primordiais que esixían a súa urxente posta en marcha, sumado á notoria incapacidade para tomar medidas atenuantes con máis antelación, fixo que os efectos do Covid-19 fosen máis devastadores e que se acentuase a súa propagación.
  comenta   0
Desde que comezou a pandemia, o colectivo de idade superior aos 60 anos é o máis afectado, tanto en número de afectados como de mortos. E é un dato que se repite en todos os países do mundo. Non así o do impacto en mortalidade por número de afectados nos que os máis afectados son Italia, Irán e España.
  comenta   0