Os socorristas de Ferrol atenderon máis de 250 incidencias este verán

Tamén tiveron que realizar 6 rescates, a maior parte deles na praia de Doniños.

Por E.P. | Ferrol | 06/08/2020 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O dispositivo de seguridade que o Concello de Ferrol ten habilitado nas praias durante a tempada de verán atendeu seis rescates e outras 255 incidencias entre o sábado 27 de xuño e o pasado 31 de xullo. Así o informou o Concello de Ferrol nun comunicado de prensa, no que detalla que do seis rescates de persoas que se atopaban en apertos, tres deles leváronos a cabo socorristas de Doniños e os outros foron en Penencia, Esmelle e Covas. As mesmas fontes municipais detallaron que estas intervencións se produciron maioritariamente durante fins de semana. 

En canto ao resto de incidencias (255), na maior parte de casos, un total de 133, tratouse de bañistas que sufriron picaduras de faneca brava; 56 por cortes; 14 debido a contusións e 11 por picaduras de insectos. A estas súmanse 10 atencións nas casetas de persoas con queimaduras; sete por outras feridas; cinco traumatismos; cinco por area nos ollos; dúas afeccións provocadas por algas; unha lipotimia e unha por alerxia.

O areal onde se rexistraron máis incidencias foi o de Doniños (106), seguido de San Xurxo (36), Esmelle (31), Caranza e Santa Comba (ambos con 21), Covas (19) e Penencia (13). E as dúas praias nas que se produciron menos asistencias foron os de Ponzos (8) e A Graña (5).

O Concello de Ferrol lembrou que o servizo de salvamento nas praias ferrolás comezou a funcionar o sábado 27 de xuño e destacou que, tras a finalización das probas de selección e para elixir un coordinador de praias e responsables de casetas, 45 socorristas deste municipio "foron os primeiros da comarca en comezar a traballar este ano".

Ademais, puntualizou que antes da declaración do estado de alarma pola COVID-19 estaba previsto que puidesen facelo a mediados de mes de xuño, "pero a situación de epidemia causou unha dilatación no inicio da selección de persoal", indicou o Concello. Está previsto que este servizo de socorrismo estenderase ata finais de setembro.

Praia De Doniños, En Ferrol. TURGALICIA - Arquivo
Praia De Doniños, En Ferrol. TURGALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta