Científicos chineses cren que o pico da epidemia de coronavirus en España non chegará até maio

Calculan que aquí haberá uns 230.000 casos confirmados e que Europa occidental será a rexión do mundo máis golpeada pola pandemia. Critican as medidas que foron adoptando os gobernos español e italiano e a relaxación da poboación, especialmente en Italia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/03/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Se os prognósticos dun equipo científico chinés se cumpren, o escenario para Europa será catastrófico nas próximas semanas, particularmente para España e Italia, onde estariamos aínda lonxe do pico da pandemia do coronavirus SARS-CoV-2, que se daría a mediados de maio. Con todo, é necesario advertir ao lector de que os datos deste estudo deben ser tomados con cautela, xa que se trata dun traballo en prepublicación –como boa parte da literatura científica que se está publicando de maneira urxente sobre este coronavirus–, pendente da revisión por pares que aplica a comunidade científica para garantir que non haxa erros na metodoloxía aplicada ou na interpretación dos resultados; ademais, as súas conclusións derívanse de datos recollidos até o 17 de marzo, polo que as medidas implementadas desde entón en distintos países para tentar conter o virus poderían facer mudar estas estimacións.

Tendencia de positivos de coronavirus acumulados por países máis afectados, segundo cálculos de científicos chinos.
Tendencia de positivos de coronavirus acumulados por países máis afectados, segundo cálculos de científicos chinos.

Trátase dun traballo publicado o 20 de marzo por investigadores da Universidade do Sueste de Nanjing que fixeron cálculos sobre a tendencia global da enfermidade COVID-19 e analizaron o risco de epidemia global asociado, “dado que o statu quo continúa sen que se tomen medidas adicionais”, lamentan. De feito, son moitas as críticas que verteron médicos e científicos chineses sobre as medidas aplicadas en Europa para conter o virus.

Os seus resultados, din os científicos da Universidade do Sueste de Nanjing, indican que “se se mantén a contorna política actual, o número acumulado de pacientes en todo o mundo superará os 892.950” cando se produza o pico, sen contar os milleiros de casos non diagnosticados, principalmente asintomáticos.

Os investigadores fixeron unha simulación da transmisión natural do SARS-CoV-2 con datos de 147 países até o 17 de marzo pasado.

TAXA DE CONTAXIO

En primeiro lugar, estiman que a taxa media de contaxio no mundo pode ser de 2,63, é dicir, cada persoa contaxiada pode infectar a outros 2,63 individuos. Este dato está en consonancia con outros estudos previos que, no seu conxunto, calcularon a taxa media de contaxio entre 2,5 e 3, sendo 2,5 o valor medio máis repetido.

No caso de España, calculan que a taxa de contaxio é de 2,44, é dicir, cada persoa infectada pode contaxiar a outros 2,44 individuos

Esa taxa de contaxio, que varía segundo os países, é o que se coñece como R0 (r sub-cero): o número medio de contaxios que xera un individuo infectado ao longo dun período infeccioso, un dato fundamental para estimar o ritmo e a magnitude da propagación do virus e tomar medidas preventivas.

No caso de España, calcularon que a taxa de contaxio é de 2,44.

ESPAÑA E ITALIA

Pero o máis interesante do estudo atópase nos valores da tendencia global da propagación da pandemia, que debuxa un escenario moi preocupante para Europa nas próximas semanas.

Os científicos calcularon o valor máximo e cando se acadará, definindo este como “o número acumulado de casos infectados confirmados”. É dicir, como e cando será o pico da pandemia por países. “Despois deste punto máximo, o número temporal de casos cae gradualmente e a epidemia diminúe”, explican.

Os resultados permitíronlles agrupar os países en seis categorías diferentes. Na que chaman “categoría máis alta” hai dous, España e Italia, “cuxos valores máximos son superiores a 100.000” contaxiados confirmados, segundo esta simulación.

Entre 10.000 e 100.000 casos sitúan outros 18 países; 13 entre 1.000 e 10.000; 21 entre 100 e 1.000; 42 entre 10 e 100, e 51 con menos de 10 casos.

“Italia e España monopolizan unha categoría, dos 147 países, debido á súa alta exposición ao risco de coronavirus. Cabe destacar que estes dous países deben tomar medidas efectivas para superar a epidemia canto antes”, advirten os científicos, que consideran que as medidas adoptadas polas autoridades destes países foron insuficientes para frear a propagación do virus (hai que ter en conta que os seus cálculos foron realizados con datos até o 17 de marzo e que as medidas que se foron adoptando para conter o virus, aínda que tardías, poderían facer mudar estas estimacións).

Os cálculos máis pesimistas son para España, onde estiman o pico en máis de 232.000 contaxiados confirmados, cara ao 21 de maio

Os cálculos máis pesimistas son para España, onde estiman o pico en 232.661 contaxiados confirmados oficialmente, cara ao 21 de maio. No caso de Italia, chegarían a 108.062 arredor do 18 de maio, cando se produza ese momento. Os científicos critican as medidas adoptadas nestes países e, no caso particular do país transalpino, din que “a razón principal deste brote é que a xente en Italia non toma en serio a corentena”. “Isto podería ser unha advertencia para outros países”, subliñan.

No segundo grupo de países máis afectados sitúan a Estados Unidos, Corea do Sur, Francia ou Irán.

Malia que “a maioría dos países alcanzarán o seu valor máximo [de contaxios confirmados] en abril”, advirten de que nos países máis afectados o pico podería chegar en maio, probablemente “despois do día 12”.

No caso de España e Italia, sitúan estes dous países no grupo no que o pico chegaría nunha franxa de tempo entre o 24 de abril e o 24 de maio. Estes países, ademais dos dous xa mencionados, serían: India, Kuwait, Australia, Xapón, Indonesia, Malasia, Romanía, Islandia, Canadá, Israel e Polonia.

Entre os máis afectados, uns poucos acadarían os valores máximos de contaxios antes do 24 de abril, incluída China, onde xa se deu por controlada a epidemia. Os outros serían Exipto, Iraq, Irán e Bahrein.

O pico da pandemia produciríase máis tarde, entre o 24 de maio e o 24 de xuño, en Finlandia, Singapur, Tailandia, Grecia, Arabia Saudita, Filipinas, Qatar, Países Baixos, Portugal, Estados Unidos, Alemaña, Austria e Estonia.

E os últimos, entre o 24 de xuño e o 24 de xullo, serían Bélxica, Brasil, República Checa, Dinamarca, Francia, Irlanda, Corea, Noruega, Eslovenia, Suecia, Suíza e Reino Unido.

POR CONTINENTES

Os cálculos para os picos de contaxios confirmados sitúan Europa como a rexión máis afectada, pois calculan que os infectados recoñecidos oficialmente superarán os 700.000 a mediados de xuño.

Porén, en Asía sumarían arredor de 158.000 a principios de ese mes, onde o control da epidemia en China sería clave para estes números.

O caso máis curioso –e así está acontecendo– é o de África, un continente que, até o momento, apenas sufriu o impacto desta pandemia. “Podemos observar que África ten o pico mínimo e o segundo tempo de chegada dese pico máis temperán”, indican os investigadores chineses, que calculan que cando se produza ese máximo poderían ser 3.019 os infectados, na primeira semana de maio.

Con todo, os casos para Norteamérica están subestimados –calcularon 18.509 para Estados Unidos para a primeira semana de xuño–, xa que as predicións dos científicos chineses se fixeron antes da explosión de contaxios que se produciu nos últimos días en EEUU, onde o 16 de marzo contabilizábanse 4.596 casos, pero a partir de aí as cifras disparáronse até converter este país no máis afectado do mundo ­– xa se superaron os 85.000 contaxiados–, algo que ninguén prevía hai un par de semanas (hai que ter en conta que na propagación do virus entran en xogo moitas variables que fan distintas as tendencias por países e que poden facelas variar, desde as medidas adoptadas polos gobernos, até as condicións de saúde e hixiene da poboación, pasando pola densidade poboacional, a responsabilidade dos propios cidadáns, etc.). O caso estadounidense mudaría o escenario anticipado polos científicos chineses, pois a tendencia actual non indica que España vaia ser o país con máis casos, pero isto aínda está por ver (nesta cuestión tamén está por ver os resultados dos test que se están comezando a facer en sectores da poboación –con prioridade nos colectivos máis expostos ao virus– e que mudarán, seguro, as cifras).

A EXPERIENCIA CHINESA PRESAXIA UN CONFINAMENTO LONGO

Son, polo tanto, fiables os datos para España? Non se sabe, xa que os cálculos fixéronse tendo en conta unha serie de variables que poden ir mudando ao longo do tempo, comezando polas medidas que as autoridades sanitarias e gobernamentais van aplicando e modificando case día a día, e que se espera teñan un impacto na curva da epidemia. Por outro lado, apenas existen estudos publicados sobre a tendencia para España que permitan comparar resultados, pero si, por exemplo, sobre Italia. Noutro traballo, tamén en fase de preimpresión e tamén realizado por científicos chineses, advírtese de que Italia debería manter as medidas máis restritivas de mobilidade da poboación até polo menos o 25 de abril.

En China tardouse case 50 días en chegar ao pico da epidemia desde que se decretou a corentena en Wuhan e terán pasado 76 días cando se levante, o 8 de abril

Pero máis aló de estudos preditivos, temos a experiencia de China, no seu conxunto, e da provincia de Hubei e da súa capital, Wuhan, en particular, orixe desta pandemia.

Non foi até o 12 de marzo cando o Goberno chinés deu por superado o pico da epidemia, isto é, tres meses e medio despois de que se identificasen os primeiros contaxios e mes e medio despois de impoñer unha durísima corentena que mantivo totalmente illadas 60 millóns de persoas en Hubei.

Agora, dous meses despois, as autoridades daquel país comezaron a relaxar as restricións de mobilidade da poboación e o vindeiro 8 de abril darase por finalizado o pesadelo co levantamento da corentena en Wuhan, que comezou o 23 de xaneiro.

Tendo en conta que as medidas adoptadas alí foron máis temperás e duras que as aplicadas en España ou Italia, semella difícil que aquí poidamos conseguir en apenas un mes –o estado de alarma aquí decretouse o 14 de marzo e, en principio, durará até o 11 de abril– o que os chineses non lograron en dous. De momento ao único que nos podemos agarrar é á esperanza que tenta espallar entre a poboación o Goberno español, que vén insistindo en que o pico podería chegar esta semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Ana

Grazas Feijoo por ceder respiradores a Madrid que non sobran en Galiza. E vostede o mellor defensor dos intereses madrileños en Galiza. Primeiro non pecha Galiza (cando seguían chegando contaxiados dende Madrid) e agora vai de "solidaridario" cedendo material que aquí non sobra. Se nos sufrimos lumes ou chapapote temos que buscarnos a vida pq solidaridade chega pouca ou ningunha dende Madrid. Iso si, pagamos as peaxes mais caras, a nosa xente emigra e seguimos agardando polo AVE.

4 CastelaoPaSogama

En Corea, que non ten a lacra da sanidade pública, son os que mellor controlan a pandemia. Aquí como en Italia témola, e xa se ve como nos vai. Os de Podemos pedido un confinamento total para que a crise económica sexs peor, e despois proporse como solución tendo aos cidadáns subsidiados. Están tardando en copiar o método coreano: buscar os contactos dos Infectados e facerlles probas rápidas, rastrearlle o mobil e ver onde estuvo, etc. Hai que facer tests masivos así, non ao azar como propón o goberno.

3 noxo de pais¡¡¡

Si a información a ocultan e a terxiversan nunha pseudodemocracia como é a española .... qué non farán nunha ditadura como a chinesa.... alí debeu de haber unha auténtica escabechica.... o triste é qeu aiquí haberá un número insoportable de mortos .... eso si para quen teña conciencia... e está visto que os mandatarios de conciencia moi pouquiño.... noxo de país.¡¡¡

1 expaña e merda

Portugal 70 mortos, xapon 84 mortos, etc

2 Fanheca

3287 mortos na China. Din nos mentireiros que os chineses deron de baixa 21.000.000 líñas de móvil, é 840.000 líñas de fixo nos primeiros 3 meses de éste ano. Non cadran as contas.

1 DonPimpón

En Galicia o pico debería chegar o 20 de Abril e faltan 200 respiradores (contando xa cos 150 de Abanca) http://physics.uvigo.es/covid19/