PSdeG e BNG defenden a Feijóo tras ceder material sanitario a Madrid

Tampouco descartan que se atendan en hospitais galegos a pacientes doutras autonomías e apelan á “solidariedade”. Con todo, critican que a Xunta e o PP caian en estratexias políticas para desgastar e criticar ao Goberno de Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os líderes do PSdeG e do BNG, Gonzalo Caballero, e Ana Belén Pontón, saíron este mércores en defensa da decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de doar e ceder material sanitario a Madrid, principalmente respiradores, a pesar de recoñecer que está buscando ese mesmo material sanitario no mercado chinés para afrontar o pico que se agarda a comezos deste mes.

Ana Pontón e Gonzalo Caballero
Ana Pontón e Gonzalo Caballero | Fonte: ED

Neste momento hai que ser responsables. A sanidade é un dereito de todos os cidadáns, máis alá dos que teñen sanidade pública e privada e non pode haber diferenciación entre autonomías e hai que afrontar de xeito conxunto esta crise”, apuntou Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa telemática. Na mesma liña, Ana Pontón destacou que se trata “dunha cuestión de solidariedade que sempre ten que funcionar”. “Nós non imos criticar que iso se faga”, engadiu.

Deste xeito, os dous líderes políticos recoñeceron que “hai unha situación límite” e algunhas autonomías están “desbordadas”, sen camas UCI, respiradores, máscaras ou material de protección. “Eu entendo que temos que axudalos porque todos temos que ter dereito a estar nunha cama cun respiradores e é normal que as autonomías pidan respiradores e todos temos que ser o máximo solidarios posibles”, dixo Caballero.

TRASLADO DE PACIENTES A GALICIA

Por iso, tamén apoiaron que se poidan trasladar pacientes a Galicia, se é o caso, aínda que recoñeceron que o país entra agora na súa peor fase e precisará de todos os seus recursos sanitarios posibles. “En Galicia estou preocupado pola evolución do virus, aínda que non sexa como en Madrid. Preocúpame como cidadán, xa non só como político”, dixo Caballero. “É importante que todas as camas de UCI estean ao servizo do público, tamén os privados e que cheguen canto antes os respiradores dos que falou Feijóo”, engadiu.

“Non temos constancia de que se traian pacientes a Galicia. Eses traslados se darían de común acordo e se aquí se prevé que hai que dotar de máis camas aos hospitais para atender o pico non parece que aquí se trasladen pacientes”, apuntou Ana Pontón.

ESTRATEXIA PARTIDISTA

Con todo, tanto o líder do PSdeG como a do BNG tamén advertiron que isto non significa que se utilice esta crise para facer estratexia partidista. “Non vou caer na demagoxia, nin na loita partidista porque hai que preservar a sanidade e a saúde dos cidadáns”, dixo. Por iso criticou as “estratexias de acoso e derrubo e do pin, pan, pun dalgúns sectores”, nomeadamente de Vox e do Partido Popular, para atacar ao Goberno de España. “Non están á altura política”, dixo. Pola súa banda, Pontón criticou a Feijóo por dicir que faltaban respiradores e dous días despois mandalos a Madrid. “E ten que aclarar se era verdade ou facía desgaste partidista”, suliñou.

PICO DE ABRIL

Sobre o pico do virus en Galicia previsto para esta primeira quincena de abril, os dous dirixentes recoñeceron que “ven o peor”. “A curva en Galicia está atrasada como o doutras autonomías e nese sentido os decretos de confinamento foron axeitados”, dixo Caballero.

A sanidade galega ten que estar preparada para o pico que vai vir e mobilizar todos os dispositivos que ten a sanidade galega; abrir os hospitais pechados e tamén mobilizar á sanidade privada. O último recurso sería a apertura de hospitais de campaña”, engadiu Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

9 sirms

Afortunadamente, a dirixencia do BNG aínda ten máis siso do que parte da súa tropa que vive pegada ao teclado.

8 Desfeita

Afortunadamente, a dirixencia do BNG aínda ten máis siso do que parte da súa tropa que vive pegada ao teclado.

7 Ana

Unha cousa e ser "solidario" e outra un "irresponsable". Ogalla tivesemos miles de respiradores e cero contaxiados por coronavirus para doar a todo o mundo mais non e asi. Que os nosos políticos deixen de facerse os "solidarios" cedendo respiradores a Madrid que aquí non sobran. A solidaridade comeza por quen tes mais preto de ti e cando os teus se atopen ben axudas ao resto. Ademais , ¿Pq ceder respiradores so a Madrid e non a Cataluña ou a Soria?.

6 Gamela

A parella de feito segue facendo política ? Que veñan de onde queiran pero que os leven aos LAZARETOS de Feijoo !!! Seica agora chámanse Residencias Integradas (?) A ver se van deixar prazas nas UCIs aos madrileños para meter aos galegos nos Lazaretos ? Sería unha broma de moi mal gusto !!!

5 expaña 1 pais en mortandade

Non traían moribundos contaxiosos do doutor "ebolas" van roumper a coarentena, van traer a norte a Galiza, os de Madrid que os leven a zarzuela para que o fillo traía os cartos que levou o pai o campechano.... non queremos mais "infecciosos" de Madrid... e non manden ucis nen respiradores que se necesitan... non queremos mais merderias. COROA NEWS italia-vs-expañainfectados - 105.792 vs 102.136mortos - 12.428 vs 9.053, xa temos porcentualmente mais mortos que Italia sepan sepan ben claro Italia ten mais de 14 millons que expaña

1 Rui do

Debes ser el único que se cree los datos de China. No baja de los 40.000 muertos, como mínimo.

2 un que ten ollos

CHINA E XAPON E COREA DO NORTE E SUR... tomaron en serio o asunto... eu estou vendo o que decían os gobernos, os politicastros e os xornais en principios de xaneiro... expaña e Italia son países de manirrotos de golfos e estafadores... onde están os dous avions de Madrid cargados de material, mercan productos escangallados o gobernó... todos xa sabemos o que ha 9.000 mortos esta samana pasaremos os 12.000 ... seres!!!! Madrid esta sen fechar, teñen que aislar a cidade das ciudades dormitorios e teñen aislar barrios e distritos de barrios e distritos... son unhs chafalleiros... son uns autenticos moñas PECHADE MANDRILES QUE NOS MATADES A TODOS!!!! eu vin hoxe como baleiraban un despacho medico en dirección medica... tiraban bolsas grandes con papeis e libros... e despois metían limpeza con manubrio de glifosfato!!!!! estades tolos seguide, seguide facendo chistes ... xa veredes... xa veredes!!!!