Dúas lesións e o porteiro expulsado condicionan a derrota do Depor

A mala fortuna coas lesións, un penalti fallado e quedarse sen porteiro no minuto 60 foron claros condicionantes da derrota do Deportivo. Cadea humana en apoio do clube. Vídeo de Lendoiro no interior.

Por David Alonso Cortizo | A Coruña | 18/11/2012 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O Deportivo saía a xogar uns  3 puntos moi importantes, Riazor estaba con eles máis a mala sorte non tardaría en chegar. Primeiro foi o central Marchena no minuto 7 e minutos despois Zé Castro. Ambos os dous retiraronse lesionados . No minuto 15 Oltra xa tivera que facer dous cambios e a defensa do Deportivo quedaba formada por os dous  centrais Álex Bergantiños e Aythami. 

Un dos últimos encontros entre o Depor e o Levante
Un dos últimos encontros entre o Depor e o Levante | Fonte: nuevofutbol

Un balón en largo de Munua que deixou totalmente en ridículo a defensa do Deportivo fixo que o nixeriano Martíns aproveite a ocasión para poder regatear a Aranzubía e facerlle o primeiro tanto aos da Coruña. 

Non era o día de Riky

Xogada na area e Riky falla un penalti que foi o  causante  da expulsión de Pedro López, minutos despois. O Deportivo, con un máis, verá como nunha xogada de Martíns Aranzubía faille falta e recibe o segundo cartón amarelo. 

Expulsado Aranzubía foi o central Álex  Bergantiños quen colocou as luvas. Mais no minuto 82, e deixando en evidencia que Álex Bergantiños é un bo central máis  o seu non é a función de porteiro, Barkero bateo desde fora da aaea e dálle o segundo ao Levante que se coloca en postos de Champions e deixa de momento ao Deportivo en postos de descenso.

Moitos condicionantes.

¨Tivemos demasiados condicionantes¨. Estas eran as palabras do adestrador do Deportivo da Coruña,Oltra, quen falaba de mala sorte cun penalti e unha expulsión do porteiro. 

Oltra tamén aproveitou para deixar unha mensaxe aos árbitros ¨Ao final da tempada espero que a balanza das arbitraxes se equipare¨. 

O adestrador dos da Coruña espera que os dous centrais estean para Bilbao, mais asegura que hai xogadores para arranxalo. 

¨É Certo que o Deportivo tivo moi mala sorte", dixo Jose Ignacio Martín, adestrador do Levante, quen sinalaba como claro condicionante que o Deportivo se vira obrigado a ter que facer dous cambios nada máis comezar ao encontro. 

Cadea humana

Por outra banda, centos de deportivistas realizaron unha cadea humana que rodeou o estadio de Riazor para apoiar ao clube tras entrar en concurso de acreedores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta