O BNG pide unha empresa pública galega que fabrique material médico

O presidente español tamén anunciou hai uns días que unha das cousas que ten que cambiar cando remate a crise é crear empresas estatais para autoabastecemento de material sanitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a creación dunha empresa pública galega que permita a fabricación destes materiais para non depender do abastecemento internacional. Unha idea que xa foi defendida hai uns días polo presidente español, Pedro Sánchez, que apostou por fábricas estatais de material sanitario cando acabe esta crise.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en comparecencia telemática ante os medios durante a crise do covid-19. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en comparecencia telemática ante os medios durante a crise do covid-19. BNG | Fonte: Europa Press

Dado que a "deslocalización está a volverse un problema en situación de crise", a portavoz nacional do BNG puxo encima da mesa a necesidade de actuar a medio prazo en dúas liñas concretas. Por unha banda, unha estratexia para "crear tecido empresarial que produza aparataxe como respiradores, luvas ou outros equipos de protección", co fin de non depender do mercado internacional. Así, puxo a referencia de Alemaña, que priorizou o autoabastecimiento, o que "é un problema para nós que temos pouca capacidade produtiva".

En segundo termo, considerou que "non se pode fiar todo ao mercado privado", polo que propuxo a creación dunha empresa pública galega que teña como finalidade a fabricación de hidrogeles e e material sanitario, co obxectivo de estar preparados "ante novas situacións de crises e pandemia e non ser dependentes". Así, dixo, habería capacidade de "atender a demanda interna".

PREZOS

Por outra banda, propuxo intervir os prezos de produtos sanitarios para evitar a especulación. Así, advertiu de que os xeles pasaron de custar entre 2 e 6 euros a ter prezos de ata 25 euros; as máscaras de oito euros, agora "estanse vendendo por 26" e un litro de alcol que se podía conseguir por uns 2,25 euros, "agora está ao redor dos 9 euros". "É inadmisible", aseverou.

Neste sentido, sinalou que "sobre esta situación xa se alertou" por parte do Colexio Xeral de Farmacéuticos, que pediu que se "interveñan o prezo dos produtos sanitarios", algo que está previsto no decreto do estado de alarma do Goberno central. Trátase, dixo de "evitar que se incremente de forma abusiva" os prezos e que non haxa "unha barreira de acceso estes produtos de necesidade, xa que moitas persoas van ter dificultades para acceder a estes produtos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta