Ferido de gravidade un home tras ser esmagado pola roda dun tractor en Touro

O suceso rexistrouse nun taller situado na parroquia de Bama.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido de gravidade tras pasarlle por encima a roda dun tractor nun taller situado no municipio de Touro, na provincia da Coruña.

Centro de chamadas do 061
Centro de chamadas do 061

O 112 tivo constancia dos feitos sobre as 13,00 horas. En concreto, o suceso rexistrouse nun taller situado no lugar da Xesteira, na parroquia de Bama.

O persoal sanitario do 061 alertou do sucedido ao servizo de Emerxencias que mobilizou até unha zona próxima o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que o ferido foi trasladado a un centro hospitalario.

Tamén se pasou o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta