Temas: CONCURSO CSIC

O CSIC convoca a décima edición do concurso de relatos breves 'Inspiraciencia'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2020 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca, co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a X edición do certame de relatos breves 'Inspiraciencia'.

Segundo recollen as bases, os relatos, cunha extensión máxima de 800 palabras, pódense publicar en español, galego, catalán ou eúscaro, ata o 7 de xuño, na páxina web do certame (www.inspiraciencia.es).

Os relatos --que contan con dúas categorías, nova (12-17 anos) e adulto (a partir de 18 anos)-- presentaranse con pseudónimo, e cada participante poderá enviar un máximo de catro relatos orixinais, sempre que estean escritos en linguas distintas.

'Inspiraciencia' está impulsado pola Delegación do CSIC en Cataluña, co apoio tamén da delegación galega, co obxectivo de convidar á cidadanía a pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción literaria.

Investigadores do CSIC en Galicia avanzan no coñecemento da comunicación. CSIC GALICIA - Arquivo
Investigadores do CSIC en Galicia avanzan no coñecemento da comunicación. CSIC GALICIA - Arquivo

Temas: CONCURSO CSIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta