Sanidade inmobiliza máis de 82.000 máscaras defectuosas distribuídas polo Goberno en Galicia

Son as máscaras 'Garry Galaxy', que non cumpren coa normativa europea en materia de filtrado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/04/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ordenou xa "inmobilizar e retirar" as máscaras 'Garry Galaxy' contidas en envases verdes que haxa en Galicia, despois de que o Ministerio de Sanidade, que foi o que realizou a distribución, enviase unha alerta indicando que non cumpren coa normativa europea en materia de filtrado.

Máscara Garry Galaxy N95
Máscara Garry Galaxy N95 | Fonte: Ministerio de Traballo.

Segundo confirmaron fontes sanitarias, estas máscaras foron distribuídas, polo menos, no Hospital de Ourense. En todo caso, o Sergas xa deu orde de que se identifiquen, inmobilizalas e retiralas.

En canto tivo comunicación por parte do Ministerio destas deficiencias, a Xunta "paralizou a súa distribución" e trasladou a todas as xerencias as instrucións para proceder á retirada das que xa foran entregadas.

En total, se inmobilizaron máis de 82.000 máscaras, 36.883 na plataforma de distribución de Negreira e outras 45.408 xa nas xerencias sanitarias.

Agora, o Sergas informou que "procederá con inmediatez a substituír todas as máscaras retiradas" e que o conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña, remitiu ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, unha carta na que solicita que lle remita información sobre os lotes afectados e as deficiencias detectadas.

NIVEL DE FILTRADO

O fabricante destas máscaras, supostamente FFP2, forma parte da listaxe de provedores autorizados polas autoridades chinesas e "todos" os produtos administrados contan con "preceptivo marcado CE".

Con todo, e a pesar de que unhas máscaras contidas nun envase azul si cumpren coas especificacións establecidas na norma UNE 149:2001+A1:2010, a partida contida en envases verdes non cumpre con estes requisitos, polo que se ordenou a retirada inmediata de todas estas máscaras.

Así o comprobaron tanto o Instituto de Salud Carlos III de Madrod como o Ministerio de Traballo, organismo que realizou unha análise, solicitado polo Hospital Universitari Parc Taulí de Barcelona, destas máscaras autofiltrantes, encartada, con pinza nasal e con arnés de cabeza consistente en cintas elásticas que pasan por detrás das orellas.

Pola contra, Traballo informou de que outra máscara sen identificación, sen envoltorio (solta) e non leva ningún tipo de marcado, si cumpre cos requisitos para ser considerada como FFP2. Para verificar a diferenza realizáronse tamén os ensaios de resistencia á respiración e compróbase a "coherencia" cos resultados obtidos en penetración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta