O Goberno central estuda permitir facer deporte e que os maiores poidan saír a pasear

Fernando Simón di que isto "require un control moi estrito".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 19/04/2020 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón, sinalou que permitir aos adultos saír a facer deporte de maneira individual e que as persoas maiores saian a pasear "son medidas que sempre están sobre a mesa".

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón | Fonte: Moncloa.

"Estas medidas están sempre sobre a mesa, todos os profesionais sanitarios expuxémolas pero require un control moi estrito", subliñou este domingo o doutor Simón durante a súa comparecencia na rolda de prensa do comité técnico de seguimento diario do coronavirus.

Para o experto do Ministerio de Sanidade, hai medidas "que se poden ir permitindo progresivamente", aínda que matizou que as novas modificacións iranse incluíndo ao partir do próximo 26 de abril.

"Entendo que estas medidas se incluirán nos próximos decretos progresivamente. Non creo que sexamos nin máis nin menos disciplinados que outros cidadáns", comentou Simón, destacando que o obxectivo é propor medidas "que se poidan implementar correctamente e non que queden nun papel".

Ao ser preguntado pola posibilidade de permitir que as persoas maiores saian pasear, o doutor resaltou que é un dos puntos que o comité científico "discutiu moito" e que é "outra das opcións que se pon enriba da mesa".

Neste sentido, explicou que as persoas maiores "teñen que exporse como posible grupo para poder exercitarse" e apuntou que o que se vai permitir ou non "dependerá do Real Decreto novo que se emitirá nos próximos días". "É un dos puntos que o comité científico puxo sobre a mesa", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta