Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/05/2024 | Actualizada ás 04:00
As pasarelas de baño son o lugar idóneo para coñecer o que se levará esta tempada. Tras repasar algunhas das máis importantes, podemos destacar os diseños sutís e minimalistas, xunto coa tendencia indie, como os grandes protagonistas destes desfiles. Se o que buscas é combinar os tops de bikini coa braga que máis che guste, imos ofrecerche algunhas ideas para escoller a que máis che convén.
OS TOPS DE BIKINI PROTAGONISTAS EN MODA DE BAÑO
Dedicar tempo para seleccionar as prendas de baño para esta próxima tempada é algo que soe gustar á maioría das mulleres. Estas pezas son imprescindibles para tomar o sol e darnos un bo baño; pero, como tamén se trata de estar guapas e coquetas, temos que coñecer os deseños en bikinis que son tendencia.
OS FLOCOS
Un top boho con flocos é unha boa elección para aportar protagonismo a esta zona do peito. É perfecto para mulleres desenfadadas e identidade propia. A idea é non arriscarse con estampados e escoller tons favorecedores. Como se leva o sutil e discreto, apostamos por esta prenda cómoda e característica do armario estival.
BIKINIS CROCHET
Os bikinis a crochet con tonalidades neutras son outros dos máis populares para este verán. Hai infinidade de modelos con diferentes calados para combinar cunha braguiña a xogo ou totalmente lisa. Esa tendencia da tempada con tecidos de ganchillo aporta un aire fresco e moi cool. As grandes firmas inclúen no seu catálogo, algunhas con elementos de praia, como as típicas cunchas mariñas.
OS TOPS MULTICOLOR
Hai infinidade de tops con tonalidades cheas de vida para lucir este verán. Poñerse un top cómodo, pero que ofreza unha explosión de cor a xogo cunhas braguiñas pequenas é para aquelas mulleres que non queren pasar desapercibidas. Algunhas cores, como o laranxa, o rosa, fucsia e morado, son moi alegres e divertidos.
A TENDENCIA GLITTER
Imos con outra idea para as mulleres que queiran aportar distinción na piscina ou na praia. Os bikinis glitter ofrecen un toque brillante grazas ás lantexoulas ou purpurina. Ademáis, si se combina cun kimono elegante e unhas sandalias cómodas, pódese conseguir un look moi sedutor.
Estas son algunhas suxerencias para incluir na súa maleta para estas próximas vacacións. Porén, se queres atopar unha peza que se adapte a túa silueta, sen renunciar á moda, aconsellamos botar un ollo á páxina web de Hunkemöller. Como non pode ser doutra maneira, esta firma líder no sector segue sorprendendo con roupa de baño cómoda, con estilo e coa mellor relación calidade-prezo.
Noticia patrocinada
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.