A Xunta anuncia que o futuro da sanidade en Galicia será por teléfono

A pesar da poboación de avanzada idade que hai en Galicia, Feijóo suliña que "toda medicina que se poida facer sen presenza física é medicina do futuro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que os expertos do comité clínico traballan nun plan para recuperar a actividade asistencial ordinaria no Servizo Galego de Saúde (Sergas) que contempla aumentar amplamente a atención telefónica e a ampliación do horario de atención nos centros de saúde e hospitais para evitar as aglomeracións.

Así o avanzou nunha rolda de prensa telemática na que detallou que, para retomar esta actividade sanitaria ordinaria, os expertos tamén recomendan "incrementar as consultas telefónicas". "Toda medicina que se poida facer sen presenza física é medicina do futuro", manifestou Feijóo.

O presidente tamén avanzou que o "futuro" tamén pasa por "aumentar a teleasistencia" e puxo como exemplo diso os 3.000 pacientes contaxiados por coronavirus que son atendidos a través do programa Telea do Sergas.

Feijóo avanzou estas medidas nunha comparecencia ante os medios na que detallou que o comité clínico e a Xunta traballan tamén para planificar xa que se debe de facer cando se produzan rebrotes, e como se volverá á normalidade social e económica non "seguridade sanitaria".

AMP.- Coronavirus.- A Xunta estuda instalar hospitais de campaña en Santiago, A Coruña e mesmo Ferrol. XUNTA - Arquivo
AMP.- Coronavirus.- A Xunta estuda instalar hospitais de campaña en Santiago, A Coruña e mesmo Ferrol. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

SITUACIÓN DO COVID-19 EN GALICIA

Na súa intervención, o titular da Xunta aseverou que o número de contaxios, de pacientes en UCI e de persoas hospitalizadas constatan que Galicia está nunha "fase descendente" pero insistiu en que na planificación do novo escenario será fundamental a prevención.

"A volta á normalidade si, pero a relaxación social non. Se hai unha relaxación social non poderemos volver á situación económica e social da nova normalidade", manifestou o presidente. Neste punto, incidiu na importancia da distancia social --entre 1,5 e 2 metros--, da hixiene constante de mans e no uso de máscaras en determinados contextos e lugares. Sobre este último punto, reiterou que as comunidades seguen á espera dun protocolo do Goberno sobre o seu uso.

AUTOCRÍTICA

Por último, na rolda de prensa e tamén interpelado respecto diso, Feijóo afirmou que el fai autocrítica daquelas cuestións que se puideron facer "mal" e proponse "mellorar todo o que sexa mellorable".

Con todo, subliñou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten os datos "menos malos de toda España", xunto con Ceuta, Melilla e Asturias. "O Sergas está dentro dos mellores servizos de saúde de Europa no tratamento da pandemia", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 Maria121

Sr. Feijoo fijo que usted como tiene mucho dinero va de pago directamente a todo, pero el ciudadano que ha cotizado toda su vida en la seguridad social que le cuesta llegar a final de mes , toma su salud como echar las cartas? Sin palparla, ni verla....Era del PP, si van por esos derroteros olvídense de 8 votos en La Coruñapara empezar. En vez de avanzar, nos quieren cargar.

1 Maria 2

De pago??? Directamente por el morro!

5 Begoña raña pereira

Esto me parece bien si hay otra crisis sanitaria , pero cuando hay que ir al médico que me atiendan por teléfono , como que no me gusta nada , porque si vas es porque estas mal y tienen que verte y por teléfono imposible que te atiendan mejor . esto no me gusta para nada .

4 J.J.C

Sr Feijo, gustariame saber como teño que facer para realizar unha proba de PROSTATA. Por dode dixo que tiña que meter o telefono ?????????

3 Xico Sieiro

A consulta telefónica só vale como apio e complemento (facer preguntas sobre o diagnóstico xa dado, comentar análises, apuntar asuntos xa tratados cara a cara...), pero nunca como método xeral de consulta e diagnóstico. A presenza do doente ante o seu médico é fundamental. Aínda máis nas zonas rurais onde sempre hai un compoñente psicosomático debido á soidade e á idade. Isto terano que dicidir os profesionais da medicina. O señor Feixó é un contable.

1 María

El cuatro de marzo sufrí una operación de hemorroides y aún en mayo no me han pasado la revisión postoperación, me gustaría que el Sergas explicara, como se hace dicha consulta por teléfono.

2 LMB

Totalmente de acordo. Pero resulta que os mesmos médicos e médicas de Atención Primaria, lle están a facer o xogo. Moitos non son conscentes do perigo, cando se negan a mirarche un cóvado que lles contas que dende hai unha semana che está doendo e aumentando esa dor e che responde que lle votes unha pomada concreta e que a non ser de que estés moi mal, non hai consulta presencial. Que o Sergas faculta aos médicos a que decida cada quen que tipo de consulta facer. Disto, ademáis, hai cousa dun mes cando nen sequera había os números de agora.

2 Ros

A excusa perfecta pra recortaren. Toca saìr a rùa a por todos eles!

1 Gamela

De feito se estamos así é porque dende o primeiro día tivemos esa aplicación do Sergas para facer seguimentos NA CASA (sen que ninguén fixera PCRs) e así nin dios sabía quen estaba realmente infectado e quen non (?) Pero á rúa xa saímos e o caso que nos fixeron foi CERO ! Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk Non comprendo como somos así de Disciplinados (con esta tropa de mentirosos) !