O Goberno rectifica e permitirá "dar paseos" a menores de 14 anos desde o 26 de abril

Nos próximos días regularanse as condicións dos mesmos, como a ditancia ou o tempo máximo.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 21/04/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O minsitro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou que permitirá aos menores de 14 anos dar paseos a partir do próximo domingo 26 de abril, nunha comparecencia telemática na Moncloa, que rectifica a medida anunciada pola ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, que limitaba as saídas a acompañar aos adultos a realizar tarefas esenciais, como ir ao supermercado.

Un neno cunha máscara asómase á xanela da súa casa durante o confinamento polo coronavirus
Un neno cunha máscara asómase á xanela da súa casa durante o confinamento polo coronavirus | Fonte: Óscar J.Barroso - Europa Press

Illa precisou que "dar paseos" é "dar paseos" e que nos próximos días regularanse as condicións dos mesmos, como a ditancia ou o tempo máximo.

"Este é un Goberno que escoita. A fin de semana emitirei unha instrución para que os menores de 14 anos poidan dar paseos", asegurou, engadindo que, de aprobarse mañá a ampliación do decreto de alarma, esta medida de "alivio" poderase exercer desde o mesmo domingo 26 de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta